Concello da Coruña

Concello da Coruña

A cidade portuguesa de Guimarães recibe o alumnado do CEIP de Prácticas que participa no programa de intercambio escolar do Eixo Atlántico

Cando:

12 de maio de 2026

O Concello colabora con esta iniciativa concibida como unha oportunidade para tender pontes co país veciño e compartir experiencias e actividades didácticas e culturais

A Coruña e a cidade portuguesa de Guimarães estreitan lazos estes días no contexto do programa de intercambio escolar no que participan os municipios do Eixo Atlántico, e que este ano leva o alumnado do CEIP de Prácticas ao norte do país veciño para compartir actividades coa rapazada do Agrupamento de Escolas Abel Salazar.

Son 16 as alumnas e alumnos do CEIP de Prácticas que se desprazan esta semana a Guimarães, e devolven así a visita dos escolares portugueses, que a mediados de abril estiveron na Coruña abrindo camiño ao intercambio e coñeceron polo miúdo a urbe herculina, onde desfrutaron dun amplo programa de propostas culturais, cun percorrido polos museos da cidade e enclaves como o Palacio Municipal.

Agora, será o alumnado coruñés o que teña a oportunidade de visitar Guimarães, "unha oportunidade única para fomentar o intercambio de coñecementos, vivir experiencias didácticas e concienciar as novas xeracións da importancia de vivir nunha Eurorrexión que amosa os valores, historia e identidade compartida entre Galicia e Portugal", valorou Juan Ignacio Borrego, concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica.

Neste sentido, os concellos da Coruña e Guimarães colaboran con esta iniciativa financiando os gastos derivados dos desprazamentos, estadía e manutención do alumnado participante, así como tamén coas tarefas de organización das visitas e itinerarios en cada unha das cidades.

Programa ao que pertence

  • V Intercambio Escolar Eixo Atlántico 2025-26

    Con este programa búscase facilitar o intercambio entre escolares dos diferentes municipios de Galicia e Norte de Portugal integrantes do Eixo Atlántico, para compartir experiencias entre escolares; especificamente, dar a coñecer a cidade da Coruña ao alumnado dun centro educativo do municipio portugués de Guimarães.

    Os intercambios escolares terán lugar durante 3 días nos meses de abril e/ou maio de 2026.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión