Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Coruña acolle mañá a XVIII Feira Matemática coa participación de centros educativos de toda a provincia

Cando:

21 de marzo de 2025

A xornada desenvolverase en Palexco e incluirá obradoiros, exposicións e actividades abertas ao público

Palexco acollerá mañá sábado, 22 de marzo, unha nova edición da Feira Matemática, organizada pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA), coa colaboración da Universidade da Coruña e o apoio do Concello da Coruña.

Ao longo de toda a xornada estudantes de centros educativos da provincia participarán nesta decimo oitava edición, que leva por lema "A maxia das matemáticas". A feira  abrirá a súas portas ás 11.00 h e está dirixida a alumnado de infantil, primaria, secundaria, bacharelato, FP e tamén ao público xeral. 

Instalaranse unha trintena de postos atendidos por estudantes, que presentarán proxectos, xogos e experiencias matemáticas desenvolvidas nas aulas baixo a coordinación do profesorado. Ademais, haberá obradoiros, concursos e actividades participativas para todas as idades. 

A feira realízase con motivo do Día Escolar das Matemáticas, e busca achegar esta disciplina á sociedade dun xeito entretido e práctico, favorecendo a aprendizaxe colaborativa e a implicación das familias. 

A entrada é libre e espérase unha importante influencia de visitantes ao longo do día.

Programa ao que pertence

  • Feira Matemática 2024-25

    A XVIII edición da Feira Matemática é unha xornada para divulgar e afondar na ensinanza-aprendizaxe das matemáticas e para conseguir unha intercomunicación social, matemática, lúdica, práctica e agradable, animando a nenos/as e maiores a resolver problemas matemáticos diversos. Organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión