Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

A Rede de Escolas Infantís Municipais dispón de 19 prazas vacantes para o curso 2019-2020

Cando:

5 de agosto de 2019

A solicitude debe realizarse en liña a través da ficha específica "solicitude de praza en escola infantil 2019-2020".

A Rede de Escolas Infantís Municipais dispón, a día 5 de agosto, de 19 prazas vacantes para o curso 2019-2020. 

Para os/as nados/as en 2019 ofértanse 18 prazas: 7 na Caracola, 5 en Arela, 3 na EIM Os Rosales e 3 na EIM Os Cativos. 

E para nenos e nenas que naceron en 2017 hai 1 praza dispoñible na EIM Luis Seoane. 

Solicitude

A solicitude debe realizarse en liña a través da ficha específica "solicitude de praza en escola infantil 2019-2020".

Unha vez cuberta a ficha, o sistema elabora un documento PDF que conterá unha copia da solicitude e que enviará ao correo electrónico facilitado. Este documento deberase imprimir, asinar e presentar na escola dentro do prazo extraordinario.

Non se considerará efectuada a solicitude en tanto non se presente na escola. Presentarase unha única solicitude nunha das dúas escolas que elixan na ficha específica. Só se poderá solicitar praza nun máximo de dúas escolas. A presentación da solicitude implica a aceptación das instrucións da convocatoria.

Consulta toda a información do proceso de admisión na REIM .

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión