Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Hall Proa de Palexco acolleu a XVIII edición da Feira Matemática

A edición deste ano tiña como lema "A maxia das matemáticas".

O Hall Proa do Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco) acolleu o pasado sábado 22 de marzo a XVIII edición da Feira Matemática 2024-25 , unha xornada para divulgar e profundar na ensañanza e aprendizaxe das matemáticas.

O evento, organizado pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA), congregou uns 500 estudantes de diferentes niveis educativos que, dende as 11.00 ata as 20.00 horas, puideron participar en todo tipo de actividades, xogos e experiencias relacionadas coas matemáticas.

Programa ao que pertence

  • Feira Matemática 2024-25

    A XVIII edición da Feira Matemática é unha xornada para divulgar e afondar na ensinanza-aprendizaxe das matemáticas e para conseguir unha intercomunicación social, matemática, lúdica, práctica e agradable, animando a nenos/as e maiores a resolver problemas matemáticos diversos. Organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión