06/06/2025
Xa rematou
Programa da gala final da Mostra de Teatro Escolar 2024/2025 (489 KB)
A XXXIV edición da Mostra de Teatro Escolar finalizará coa representación das obras gañadoras e a entrega de premios o venres 6 de xuño, ás 17.30 horas, no Fórum Metropolitano.
A "Mostra de Teatro Escolar", programa educativo que busca potenciar, promover e difundir a actividade teatral feita por escolares entre o alumnado dos centros educativos do concello, pon fin á súa XXXIV edición cunha gala final que se realizará o venres 6 de xuño, ás 17.30 horas, no Fórum Metropolitano.
Nesta gala representaranse as obras dos grupos gañadores de cada categoría, nunha celebración da creatividade, o talento e o traballo colaborativo do alumnado coruñés.
O xurado, composto polos actores e directores teatrais, Ramiro Neira e José Leis, e pola técnica de Educación, Ana Judel, resolveu entregar os premios de cada categoría (infantil, primaria e secundaria) ás seguintes obras:
Ademais, o xurado resolveu entregarlles as seguintes mencións especiais (sen dotación económica) ás seguintes obras:
Os criterios de valoración tiveron en conta: a dramatización da obra, a orixinalidade ou a adaptación do texto, a escenografía e iluminación, o vestiario e maquillaxe, e a corrección e fluidez lingüística.
Cada grupo gañador recibirá un cheque por valor de 100 €. No caso da categoría de Infantil, ao outorgárselles o premio ex-aequo a dous grupos participantes, o premio será dun cheque de 50 € para cada grupo gañador.
As mencións non terán premio económico.
Programa da gala
17.15 h: Apertura de portas ao público
17.30 h: Comezo da gala e entrega das mencións
17.45 h: Representación dos grupos de infantil da EIM Luís Seoane e CPR Obradoiro e entrega de diplomas
18.30 h: Apertura de portas ao público
18.35 h: Representación do grupo de primaria do CEIP Sal Lence e entrega de diplomas
19.00 h: Apertura de portas ao público
19.05 h: Representación do grupo de secundaria do IES Agra do Orzán e entrega de diplomas
19.50 h: Peche da gala polo concelleiro de Educación, formación e investigación tecnolóxica Juan Ignacio Borrego Vázquez
Programa ao que pertence
Programa educativo concibido como un intercambio de representacións entre os grupos de teatro escolar do Concello da Coruña. Cada grupo crea ou selecciona e ensaia unha obra de teatro, para representala noutro centro educativo e recibe o grupo de teatro do devandito centro.
Máis informaciónEventos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible