Concello da Coruña

Concello da Coruña

Idiomas do Mundo: Convócase ás persoas seleccionadas e en espera a unha reunión o venres 3 de xuño no centro cívico dos Mallos

Cando:

25 de maio de 2022

A xuntanza ten o obxectivo de informar sobre os detalles e características das estancias nos diferentes países

Convócase a todas as persoas seleccionadas e as incluídas nas listas de espera do programa Idiomas do Mundo 2022 a unha reunión o venres 3 de xuño, ás 18.30 horas no centro cívico dos Mallos, para informar sobre os detalles e características das estancias nos diferentes países.

Lémbrase a obrigación de presentar por Rexistro antes deste domingo, 29 de maio, a aceptación da praza para poder participar no programa.

Programa ao que pertence

  • Idiomas do mundo 2022

    O programa educativo "Idiomas do Mundo"ofrece a oportunidade ao alumnado que cursou 1º de Bacharelato no curso 2021-22, de realizar unha actividade de inmersión lingüística no verán de 2022, en inglés, portugués, francés ou alemán, co obxectivo de mellorar a competencia nalgunha das linguas europeas máis faladas no mundo e poder acreditar de modo oficial o nivel alcanzado consonante o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).

    Máis información

Documentos relacionados

  • IDM 2022: Lista definitiva francés (453 KB)
  • IDM 2022: Lista definitiva inglés (633 KB)
  • IDM 2022: Lista definitiva portugués (436 KB)
  • IDM 2022: Lista definitiva en espera (539 KB)
  • IDM 2022: Lista definitiva de persoas excluídas (566 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión