Concello da Coruña

Concello da Coruña

O talento e enxeño científico da rapazada, a escena coa nova edición do programa Imaxina Coruña, que abriu hoxe o seu prazo de inscrición

Cando:

16 de setembro de 2025

O Concello promove esta iniciativa, orientada a centros educativos públicos e concertados da cidade e a área metropolitana que conten con grupos de alumnado da ESO e Bacharelato

Xa está aberto o prazo de inscrición na quinta edición do programa municipal Imaxina Coruña, unha iniciativa do Concello que, baixo unha perspectiva innovadora, busca potenciar e poñer a proba o talento e enxeño do alumnado de Secundaria e Bacharelato nos eidos da ciencia e as tecnoloxías.

O concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, puxo en valor este concurso, aberto a a centros educativos públicos e concertados da cidade e a área metropolitana (Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada) que conten con grupos de alumnado da ESO e Bacharelato.

"Imaxina Coruña é unha magnífica oportunidade para que as novas xeracións den forma ás súas ideas en forma de proxecto. Cómpre lembrar que o obxectivo do programa é que as propostas contribúan á resolución dun problema real da sociedade. E isto é moi importante, porque axuda a pensar colectivamente e a buscar solucións globais", apuntou Borrego.

A apertura do prazo de inscrición, que estará habilitado ata o 30 de outubro, abre camiño ao futuro desenvolvemento desta edición, con catro fases diferenciadas ata abril do ano que vén, cando terá lugar a tradicional feira de ideas e a entrega de premios na Domus.

Haberá premios para centros educativos, tamén mencións especiais e, como xa é habitual, premios específicos á sustentabilidade, a innovación e o compromiso social. Para estas tres categorías establécese como premio a invitación a participar ou visitar a feira científica Zientzia Azoka (Bilbao), cos gastos de desprazamento e aloxamento cubertos para os equipos gañadores e os docentes. Será en maio de 2026.

Programa ao que pertence

  • V Concurso Imaxina Coruña 2025-26

    O programa Imaxina Coruña nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria. A organización propoñerá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión