Concello da Coruña

Concello da Coruña

XXIX Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional (XOUP)

Cando:

6 de marzo de 2023

O prazo de inscrición é do 6 ao 16 de marzo ás 14.00 h.

O Servizo Municipal de Educación en colaboración coa Universidade da Coruña organizará as XXIX Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional (XOUP) do 20 ao 30 de marzo de 2023 na Coruña.

O obxectivo das xornadas é informar o alumnado de Bacharelato e Formación Profesional dos centros da cidade sobre os estudos universitarios que se ofertan nas tres universidades públicas de Galicia (UDC, USC e UVIGO), os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional que se imparten nos centros públicos da cidade.

A presentación dos estudos universitarios levará a cabo do 20 ao 24 de marzo na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos (Campus de Elviña), mentres que do 27 ao 30 de marzo realizaranse visitas aos centros públicos de FP da cidade para coñecer a oferta de ciclos formativos. Ademais, o 30 de marzo presentaranse os Estudos Superiores de Deseño, Arte dramática e Restauración na EASD Pablo Picasso.

A inscrición para o alumnado dos centros da cidade estará aberta do 2 ao 16 de marzo, mentres que para o alumnado de centros de fóra da cidade será do 13 ao 16 de marzo nesta ficha en liña. O acceso ás xornadas requirirá a presentación da credencial correspondente e a organización resérvase o dereito para solicitar a acreditación de identidade cun documento oficial.

Cabe destacar que as sesións das mesas universitarias publicaranse na canle de YouTube @CorunaEducaMemoria posteriormente e que durante a semana do 20 ao 24 de marzo haberá un punto informativo na sede das XOUP atendido por persoal da Rede Municipal de Información Xuvenil e do Servizo de Estudantes da UDC.

Programa ao que pertence

  • Xornadas de orientación universitaria e profesional (XOUP 2023)

    As Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional (XOUP 2023) están organizadas pola Universidade da Coruña e o Servizo Municipal de Educación e teñen como obxectivo informar o alumnado dos estudos universitarios que se ofertan nas tres universidades públicas de Galicia (UDC, USC e UVIGO), os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.

    Máis información

Documentos relacionados

  • Folleto XOUP (926 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión