Análise da factura eléctrica e propostas prácticas para reducir o consumo enerxético.
Consumo
Complementaria
Só da Coruña
Público, Concertado, Privado
Este obradoiro ten como obxectivo que o alumnado coñeza o consumo enerxético no fogar e desenvolver hábitos de aforro e eficiencia enerxética.
Alumnado de ESO, BACH, FP e educación para adultos/as
Dende o 01/10/2026 ata o 21/06/2027
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
Este obradoiro permítelle ao alumnado comprender o consumo enerxético no fogar e o seu impacto económico e ambiental e favorece a adopción de hábitos de eficiencia enerxética.
Contribúe á educación para a sustentabilidade e o uso responsable da enerxía, en coherencia cos obxectivos curriculares relacionados coa educación ambiental e a economía doméstica. Así mesmo, impulsa o desenvolvemento de competencias clave como a competencia matemática, a competencia científica e a competencia cidadá.
Condicións xerais do programa: Consumo consciente, colaborativo e responsable 2026-27
OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor
Sede: R/ Costa da Palloza, 8, A Coruña 15006
Teléfono: 981 189 820
Fax: 981 189 821
Correo electrónico: omic@coruna.es
Páxina web: www.coruna.es/omic
Coordinadora do programa: Lidia M.ª Blanco Iglesias
Programa ao que pertence
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible