O alumnado analizará que son os alimentos funcionais, as súas características, a súa etiquetaxe e o seu marco legal. A través de exemplos reais, reflexionará sobre os seus posibles beneficios e realizará comparacións con outros produtos, fomentando unha actitude crítica ante as tendencias de consumo e a publicidade asociada a estes alimentos.
Complementaria
Só da Coruña
Público, Concertado, Privado
Este obradorio ten como obxectivo que o alumnado coñeza que son os alimentos funcionais e comprenda a súa relación coa saúde e o benestar. Preténdese desenvolver a súa capacidade para analizar este tipo de produtos de forma crítica, valorando a súa utilidade real na alimentación e fomentando decisións de consumo informadas e responsables.
Alumnado de ESO, BACH e FP
Dende o 01/10/2026 ata o 21/06/2027
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
Este obradoiro permítelle ao alumnado comprender o concepto de alimentos funcionais e a súa relación coa saúde, favorecendo a análise crítica de produtos alimenticios presentes no mercado. Contribúe ao desenvolvemento da educación para a saúde e ao pensamento crítico no ámbito do consumo, en coherencia cos obxectivos curriculares relacionados coa alimentación, a saúde e o consumo responsable, así como co desenvolvemento das competencias clave do alumnado.
Ademais, facilita a súa integración como actividade complementaria na programación do centro, ao estar directamente vinculado con contidos curriculares e competencias clave.
OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor
Sede: R/ Costa da Palloza, 8. A Coruña 15006
Teléfono: 981 18 98 20
Correo electrónico: omic@coruna.es
Páxina Web: www.coruna.es/omic
Coordinadora do Programa: Lidia Mª Blanco Iglesias
Programa ao que pertence
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible