Análise do comercio local fronte a outros modelos de consumo e reflexión sobre as súas vantaxes.
Consumo
Complementaria
Só da Coruña
Público, Concertado, Privado
Este obradoiro ten como obxectivo que o alumnado valore a importancia do comercio local, comprendendo os seus beneficios sociais, económicos e ambientais.
Alumnado de EP, ESO, BACH e FP
Dende o 01/10/2026 ata o 21/06/2027
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
Este obradoiro permítelle ao alumnado analizar os distintos modelos de consumo e o seu impacto na contorna próxima e favorece a comprensión do papel do comercio local no desenvolvemento económico e social.
Contribúe ao desenvolvemento do pensamento crítico e a competencia cidadá e promove o consumo responsable e sustentable, en coherencia cos obxectivos curriculares vinculados á sustentabilidade e a economía. Así mesmo, favorece o desenvolvemento das competencias clave, especialmente a competencia cidadá, social e emprendedora.
Ver as condicións xerais do programa: Consumo consciente, colaborativo e responsable 2026-27
OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor
Sede: R/ Costa da Palloza, 8, A Coruña 15006
Teléfono: 981 189 820
Fax: 981 189 821
Correo electrónico: omic@coruna.es
Páxina web: www.coruna.es/omic
Coordinadora do programa: Lidia M.ª Blanco Iglesias
Programa ao que pertence
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible