O alumnado analizará o ciclo de vida dos dispositivos electrónicos, identificando os seus impactos ambientais e sociais. A través de actividades prácticas e dinámicas participativas, traballaranse alternativas como o uso responsable, a reparación, a reutilización e a correcta xestión de residuos tecnolóxicos.
Consumo
Complementaria
Só da Coruña
Público, Concertado, Privado
Este taller ten como obxectivo que o alumnado coñeza o impacto ambiental e social derivado do uso de dispositivos electrónicos, desenvolvendo unha actitude crítica fronte ao consumo tecnolóxico. Así mesmo, preténdese fomentar hábitos de uso responsable, promovendo a reflexión sobre a redución de residuos, a reutilización e a prolongación da vida útil dos dispositivos.
Alumnado de ESO, BACH E FP.
Dende o 01/10/2026 ata o 21/06/2027
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
Este taller permite ao alumnado comprender o impacto do consumo tecnolóxico ao longo do ciclo de vida dos dispositivos electrónicos, desde a extracción de materias primas ata a xeración de residuos.
Favorece a reflexión sobre os modelos actuais de consumo e as súas consecuencias ambientais e sociais, contribuíndo ao desenvolvemento de actitudes de consumo responsable e sustentable. Así mesmo, promove a adopción de prácticas como a reutilización, a reparación e a reciclaxe, en coherencia cos obxectivos curriculares vinculados á sustentabilidade, a economía circular e a educación ambiental.
Ver as condicións xerais do programa: Consumo consciente, colaborativo e responsable 2026-27
OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor
Sede: R/ Costa da Palloza, 8. A Coruña 15006
Tel.: 981 18 98 20
Coordinadora do Programa: Lidia Mª Blanco Iglesias
Programa ao que pertence
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible