O alumnado analizará o ciclo de vida das pezas de vestir, desde a súa produción ata o seu refugallo, identificando o seu impacto ambiental e social.
A través de actividades prácticas e reflexión, traballaranse alternativas como o consumo consciente, a reutilización, a compra responsable e a moda sustentable.
Consumo
Complementaria
Só da Coruña
Público, Concertado, Privado
Este taller ten como obxectivo que o alumnado coñeza o impacto ambiental, social e económico da industria téxtil, desenvolvendo unha actitude crítica fronte ao consumo de moda. Así mesmo, preténdese fomentar hábitos de consumo responsable, promovendo a reflexión sobre alternativas sustentables como a reutilización, o consumo consciente e a elección de produtos con menor impacto.
Alumnado de ESO, BACH E FP.
Dende o 01/10/2026 ata o 21/06/2027
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
Este taller permite ao alumnado comprender o impacto do consumo téxtil ao longo de todo o ciclo de vida das pezas, desde a súa produción ata o seu refugallo, favorecendo a reflexión sobre os modelos actuais de consumo e as súas consecuencias ambientais e sociais.
Contribúe ao desenvolvemento de actitudes de consumo responsable e sustentable, promovendo alternativas como a reutilización, a redución do consumo e a elección de produtos con menor impacto, en coherencia cos obxectivos curriculares vinculados á sustentabilidade, a economía circular e a educación en valores.
Ver as condicións xerais do programa: Consumo consciente, colaborativo e responsable 2026-27
OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor
Sede: R/ Costa da Palloza, 8. A Coruña 15006
Tel.: 981 18 98 20
Coordinadora do Programa: Lidia Mª Blanco Iglesias
Programa ao que pertence
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible