Área temática orientada a fomentar hábitos de alimentación saudables e un consumo responsable entre o alumnado. A través de distintos talleres, trabállanse aspectos clave como a nutrición, a interpretación da etiquetaxe, a planificación da compra ou a redución do desperdicio alimentario, promovendo unha reflexión crítica sobre como as decisións de consumo inflúen na saúde e na contorna.
Só da Coruña
Consumo
Complementaria
Público, Concertado, Privado
Alumnado de EI, EP, ESO, BACH, FP e EE de todos os centros educativos da Coruña
Os talleres da Área de Alimentación e Consumo teñen como finalidade desenvolver no alumnado competencias relacionadas coa educación para a saúde, a sostibilidade e o pensamento crítico. A través de actividades prácticas e participativas, abórdanse aspectos fundamentais como a interpretación da etiquetaxe alimentaria, a planificación da compra, a alimentación equilibrada e a redución do desperdicio de alimentos.
Estas actividades están deseñadas para integrarse no currículo educativo e facilitarlle ao profesorado a súa inclusión na programación do centro, contribuíndo ao desenvolvemento integral do alumnado como persoa consumidora informada, crítica e responsable.
A Oficina Municipal de Información ás persoas consumidoras (OMIC) dispón dunha ampla oferta formativa no campo do consumo. Dentro do programa A Coruña Educa presentamos un conxunto de talleres prácticos que supoñen unha actividade dinámica, estimulante e formativa. Todas as actividades están dinamizadas por un equipo docente especializado no campo do consumo responsable e coordinado pola OMIC.
Os diferentes talleres están organizados segundo as distintas etapas educativas; deste xeito, as persoas responsables da docencia poderán escoller aquelas actividades máis adecuadas ao desenvolvemento curricular correspondente.
Ademais, os talleres compleméntanse con charlas para o equipo docente e familias. Deste xeito, toda a comunidade educativa pode formar parte do proceso de aprendizaxe en valores de consumo responsable.
Duración e localización
Cada taller ten unha duración aproximada de 60 minutos e desenvolverase en horario lectivo. É preceptiva a presenza de persoal docente do centro durante o desenvolvemento da actividade.
No caso de que as sesións do centro educativo sexan de menos de 60 minutos consultar a posibilidade de reservar dúas sesións consecutivas para a correcta realización da actividade.
Os talleres poderanse levar a cabo nos propios centros educativos ou nas instalacións da OMIC da Coruña (r/ Costa da Palloza, 8)
Condicións do programa
OMIC. Oficina Municipal de Información ás persoas Consumidoras
Sede: R/ Costa da Palloza, 8. A Coruña 15006
Lidia M.ª Blanco Iglesias
Teléf.: 981 189 820
Actividades relacionadas
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible