O programa "Arte e Cultura no Centro" ofrece unha experiencia educativa que complementa a xornada escolar de nenos e nenas, promovendo o seu desenvolvemento integral e a creatividade a través dun amplo abano de actividades artísticas e culturais. A través da experimentación, a expresión corporal, o teatro ou as artes plásticas, os participantes exploran a súa creatividade, desenvolven habilidades emocionais e comunicativas e descobren distintas formas de expresión persoal.
Todo isto nunha contorna lúdica, participativa e respectuosa, onde o importante é experimentar, crear e gozar da cultura desde a infancia.
O programa organízase a través de Obradoiros
Só da Coruña
Educación
Extraescolar
Público
Alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria dos centros públicos do municipio da Coruña.
A oferta de actividades exponse en función do seguintes tres tramos de idade.
De luns a venres, 2 sesións semanais de 1 hora, en días alternos, entre as 16.00 e as 18.00 h.
"MANS QUE FALAN!" ofrécese nunha única sesión de 1 hora semanal.
Cota mensual: 10 € por cada taller
As cotas do taller "Mans que falan" será de 5 €.
OBRADOIROS
A través do xogo e a experimentación, buscamos espertar o interese e desenvolver diversas habilidades culturais e sociais. Cada taller ten un enfoque único, pero todos comparten o obxectivo de aprender e socializar dunha maneira divertida e enriquecedora, combinando diferentes áreas de Arte e Cultura. Todo isto nunha contorna lúdica, participativo e respectuoso, onde o importante é experimentar, crear e gozar.
CONTIDOS
Actividades culturais e artísticas como o teatro, ciencia divertida, lóxica matemática, novas tecnoloxías, animación á lectura etc., para todos os niveis:
|
E. INFANTIL 4º,5º e 6º CURSOS |
PRIMARIA 1º, 2º e 3º CURSOS |
PRIMARIA 4º, 5º e 6º CURSOS |
|
TEATREIROS Xogo dramático |
EN ESCENA Dramatización |
COMEDIANTES Teatro. Monólogos |
|
COMECOCOS Xogos de Lóxica Matemática |
XENIOS Lóxica Matemática |
ESCAPE ROOM Pensamento Lóxico-Matemático |
|
EUREKA! Ciencia Divertida |
ABRACADABRA! Ciencia e Maxia |
ESCOLA DE MAXIA Matemáticas, Ciencia e Maxia |
|
MANITAS Expresión plástica e manualidades |
DESEÑO DE SEU Expresión plástica e creatividade |
RECREARTE Expresión plástica e creatividade |
|
ENREDADOS 1 (*) Novas Tecnoloxías |
ENREDADOS 2 (*) Novas Tecnoloxías |
|
|
MANS QUE FALAN 1 Lingua de signos |
MANS QUE FALAN 2 Lingua de signos |
MANS QUE FALAN 3 Lingua de signos |
(*) A viabilidade do taller "ENREDADOS" está condicionado a que o centro educativo poña a disposición ou ceda os medios tecnolóxicos necesarios para poder levalo a cabo.
Poderanse solicitar outros talleres e a Federación Provincial de ANPA avaliará ditas propostas para decidir a súa realización.
Máis información sobre as actividades en en o documento informativo sobre a Proposta de lecer educativo, que se pode descargar desde os apartado "Documentos" desta mesma páxina.
ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES
A oferta de programas e a selección de actividades de cada centro será determinada pola súa ANPA, conforme á proposta de Lecer da Federación, e deberá ser aprobada polo Consello Escolar.
A Federación de ANPA valorará a viabilidade das actividades e poderá propoñer alternativas nos seguintes casos:
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
As prazas adxudicásense por rigorosa orde de inscrición, no caso de existir limitacións por razóns organizativas ou de espazo.
Se non se puidese formar un grupo por non chegar ao mínimo de participantes ou non dispoñer dos recursos humanos, materiais ou instalacións idóneas, facilitaráselle aos solicitantes a inclusión noutro grupo xa formado ou ben se valorará conxuntamente coas familias substituír esa actividade por outra que si cumpra as condicións necesarias para a súa posta en marcha.
CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
As altas novas e cambios de actividade quedarán supeditadas á existencia de prazas na actividade nova solicitada e ao criterio técnico.
As solicitudes de baixa fóra de prazo implicarán o aboamento da cota na forma habitual.
No caso de devolución da cota, os gastos derivados da xestión bancaria engadiranse na cota para aboar.
A falta de pagamento da cota entenderase como baixa na actividade. Non se poderá acceder a outras actividades ou programas ata estar ao corrente do dito pago.
Dende o 01/10/2026 ata o 21/06/2027
Dende o 01/07/2026 ata o 14/09/2026
A inscrición será en liña a través da seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones
Non se considerarán válidas:
Inclusión de alumnado con necesidades específicas
Deberá indicarse na solicidud de inscrición o tipo de necesidade educativa, se ten diagnóstico ou se precisa atención individualizada.
A Federación Provincial de ANPA valorará a viabilidade da súa inclusión no grupo correspondente.
Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos
Rúa Orzán, 21. 15001 A Coruña
Tel.: 981 202 002
Servizo Municipal de Educación
Tel.: 981 184 200 ext. 10127
O número mínimo de participantes para formar grupo establecerase segundo a liña de cada centro:
Ratios máximas por grupo:
Estes ratios poderán adaptarse tendo en conta o criterio técnico e a información das ANPA.
O centro escolar deberá proporcionar espazos adecuados para a realización de talleres e proxectos do programa.
Cada grupo de participantes deberá contar cun espazo ou aula de referencia.
Cada grupo que se forme terá como responsable a un único educador/a; excepto aqueles grupos que polas súas especiais características necesiten dun/dunhaa educador/a de reforzo.
Federación Provincial de ANPA de centros públicos da Coruña, en convenio de colaboración co Concello da Coruña.
Os denominados "Programas de lecer educativo" están deseñados para realizarse nos centros educativos coa cooperación dos equipos directivos e as ANPA.
Novas relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible