STOP Accidentes desenvolve un modelo de intervención socioeducativa dirixido á poboación moza, co obxectivo de fomentar unha mobilidade segura, autónoma e sustentable. A través de metodoloxías activas e participativas adaptadas a cada colectivo, promóvense actitudes responsables como peóns, persoas usuarias de bicicletas e vehículos de mobilidade persoal (patinetes), persoas pasaxeiras ou futuras persoas condutoras, para o que se aliña a intervención cos principios da educación para a cidadanía, a sustentabilidade e a prevención dos sinistros viarios.
O programa adapta a súa intervención aos distintos tramos de idade e momentos evolutivos e favorece a adquisición de coñecementos, habilidades e valores relacionados coa convivencia, a corresponsabilidade, a percepción do risco e o respecto ás normas que regulan unha mobilidade segura, tanto en contornas urbanas como interurbanas.
Educación
Complementaria
Público, Concertado, Privado
Alumnado de ESO, bacharelato, formación profesional e estudos universitarios.
A intervención adáptase a cada nivel educativo, tanto en contidos como en metodoloxía e asegura a súa adecuación ao momento evolutivo do alumnado e aos obxectivos curriculares.
Desenvólvese dentro do horario lectivo, cunha duración e calendario que se axustan á dispoñibilidade do centro educativo e da entidade STOP Accidentes.
Actividade gratuíta
O proxecto propón un espazo de reflexión crítica sobre os valores que sustentan unha mobilidade segura e respectuosa: a responsabilidade individual, a corresponsabilidade social, a solidariedade, a prudencia e o respecto aos demais.
Estes valores abórdanse desde unha perspectiva educativa e cidadá, en liña coas competencias clave do sistema educativo.
O proxecto propón un espazo de aprendizaxe, reflexión crítica e participación activa orientado a fortalecer as competencias persoais e sociais necesarias para desenvolverse de forma segura, responsable e sustentable na mobilidade cotiá.
A través do traballo sobre valores como a responsabilidade individual, a corresponsabilidade social, a solidariedade, a prudencia e o respecto ás demais persoas, o alumnado desenvolve habilidades relacionadas coa percepción do risco, a toma de decisións, a convivencia e o exercicio dunha cidadanía responsable, en consonancia coas competencias clave do sistema educativo.
O proxecto estrutúrase nunha actividade teórica principal e varias actividades prácticas complementarias e opcionais, que permiten consolidar as aprendizaxes mediante experiencias vivenciais, a reflexión compartida e a participación activa do alumnado.
Actividade teórica: obradoiro de mobilidade sustentable e segura
O obradoiro de mobilidade sustentable e segura ten unha duración de 50 minutos.
Desenvólvese unha sesión de sensibilización na aula apoiada en recursos multimedia e dinámicas participativas. O obxectivo é promover a aprendizaxe significativa ao redor dunha mobilidade responsable, segura e sustentable. Trabállase desde unha perspectiva educativa e vivencial e promóvese a reflexión e o pensamento crítico.
Actividades prácticas complementarias (opcionais)
Estas actividades teñen carácter vivencial e reforzan as aprendizaxes adquiridas na fase teórica.
A duración mínima é dunha clase de 50 minutos e a máxima de dúas clases (no caso do simulacro).
Este curso ponse en marcha unha nova liña específica centrada na mobilidade segura en vehículos de dúas rodas, a través do proxecto "Todo vai sobre 2 rodas: o casco é o teu seguro de vida. Pensa, protéxete, circula!", dirixido á sensibilización da mocidade sobre mobilidade segura e responsable no uso de bicicletas, patinetes eléctricos e ciclomotores.
O obradoiro aborda cuestións relacionadas co uso do casco e doutros elementos de protección, factores de risco, normativa, convivencia viaria e mobilidade responsable, mediante dinámicas participativas e exemplos prácticos adaptados ao alumnado.
Dende o 01/10/2026 ata o 18/06/2027
A intervención organízase de forma flexible dentro do curso escolar e garántese a súa integración na programación docente.
Dende o 15/09/2026 ata o 28/05/2027
Inscrición telefónica (981 289 368 / 667 309 450) ou por correo electrónico (aulasactivas@stopaccidentes.org).
STOP Accidentes Galicia
R/ Río de Monelos, 20, 1.º dta. Oficina, 4, 15006 A Coruña
Responsable do programa: Ángela M.ª Jiménez Quirós
Teléfonos: 981 289 368 e 667 309 450
Horario: de 9.00 a 15.00 horas
Correo electrónico: aulasactivas@stopaccidentes.org
A actividade coordínase por orde de inscrición e directamente co centro educativo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible