A mobilidade cotiá forma parte do proceso educativo e constitúe unha oportunidade para fomentar desde a infancia hábitos de desprazamento seguros, saudables, autónomos e respectuosos coa contorna. Os camiños escolares seguros favorecen o desenvolvemento persoal do alumnado, promoven a mobilidade activa e contribúen á creación de cidades máis accesibles, sostibles e amables para a infancia.
A través de actividades adaptadas ás capacidades e necesidades de cada etapa educativa, o proxecto sensibiliza sobre a importancia da prevención, a convivencia e a seguridade viaria, favorecendo a implicación da comunidade educativa na construción de contornas escolares máis seguros, saudables e sostibles.
Educación
Complementaria
Público, Concertado, Privado
Alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria.
Desenvólvese dentro do horario lectivo, cunha duración e calendario que se axustan á dispoñibilidade do centro educativo e da entidade STOP Accidentes.
O proxecto ten como finalidade promover unha cultura de mobilidade segura, activa e sostible mediante a implantación e consolidación de camiños escolares seguros que favorezan a autonomía progresiva do alumnado e a recuperación do espazo público como unha contorna educativa, saudable e accesible.
Desde un enfoque educativo e de participación comunitaria, o programa impulsa hábitos de mobilidade responsables, fomenta a convivencia, o respecto polas normas de circulación e o desenvolvemento de competencias persoais e sociais relacionadas coa autonomía, a toma de decisións, a corresponsabilidade e o coidado da contorna.
O proxecto desenvólvese de forma integrada na vida do centro educativo e promove a implicación do alumnado, do profesorado, das familias e da comunidade educativa como axentes activos na mellora da seguridade e da mobilidade na contorna escolar.
As actividades adáptanse á dispoñibilidade do centro educativo e de STOP Accidentes e desenvólvense nos centros participantes dentro do proxecto A.N.C.A.S., combinando unha actividade teórica con diversas actividades prácticas adaptadas aos distintos ciclos de Educación Infantil e Primaria.
Centros de continuidade no proxecto A.N.C.A.S
Centros que inician o proxecto A.N.C.A.S
Observación: o desenvolvemento de actividades de implantación do percorrido realízano técnicos de STOP Accidentes en colaboración co Concello.
Dende o 01/10/2026 ata o 28/05/2027
A data e duración axustaranse á dispoñibilidade do centro e de STOP Accidentes dentro do curso escolar 2026/2027.
Dende o 15/09/2026 ata o 15/05/2027
Inscrición de novos centros: por correo electrónico (ancasgalicia@stopaccidentes.org) ou a través do formulario en liña .
Para os centros que xa participen no programa A.N.C.A.S. as familias poderán formalizar a inscrición a través da ficha en liña ou solicitar o impreso correspondente no ANPA ou na secretaría do centro para a súa posterior entrega fisicamente.
STOP Accidentes Galicia
Rúa río de Monelos, 20, 1º Dereita. Oficina 4. 15006 - A Coruña
Responsable do programa: Ángela M.ª Jiménez Quirós.
Teléfono: 981 289 368 / 667 309 450
Horario: de 09.00 a 15.00 horas
Correo electrónico: ancasgalicia@stopaccidentes.org
A actividade coordínase por orde de inscrición e directamente co centro educativo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible