A Federación Provincial das ANPA en convenio co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais (a partir da última semana de xuño e durante o mes de xullo), leva a cabo o programa de "Campacoles", que se desenvolve como campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.
Só da Coruña
Educación
Extraescolar
Escolares de Educación Infantil e Primaria matriculados/as nos CEIPs do Concello da Coruña no actual curso 2025/2026; nados entre o 01/01/2014 ao 31/12/2022
Os campamentos realizaranse de luns a venres, excepto festivos, das 10.00 ás 14.00 h e cos seguintes horarios segundo outros servizos:
Anual
COTAS DE INSCRICIÓN E SERVIZOS POR QUENDA
As persoas solicitante e que son beneficiarias da bolsa comedor no curso 2025/2026, terán unha bonificación do 50% de desconto na cota específica de Campacole. En todos os casos, os servizos de madrugadores e de comedor, abonaranse na súa totalidade.
SEGURO DE ACCIDENTES: 5€
Estarán exentos/as do pago do seguro de accidentes aquelas persoas solicitantes matriculadas en calquera programa ofertado pola Federación de ANPAS no curso 2025/2026 ("Coxegas", "Deporte no Centro", "Arte e Cultura no Centro" e "Idiomas no Centro").
MODO DE ABONO: A cota correspondente abonarase mediante transferencia a favor da Federación Provincial de Anpas: ES37 2100 6359 5802 0006 1816
No caso de non realizarse o pago nos prazos establecidos perderase a praza, que será ofrecida á seguinte persoa en lista de espera.
As actividades programadas terán un carácter multidisciplinar, con propostas que irán desde a animación á lectura ata os xogos e deportes, pasando polos xogos de enxeño, actividades musicais, teatrais, etc.
Como o curso pasado, haberá 1 hora diaria de INGLÉS para cada grupo, dentro da propia programación do Campacole.
Todas estas propostas virarán ao redor de uno mesmo fío condutor ou TEMÁTICA en cada quenda;
• 1º QUENDA: 22 de xuño a 3 de xullo. Á abordaxe! Preparate para ser un pirata e cruzar os sete mares xunto á nosa tripulación. Descifra mapas antigos, supera retos e atopa o tesouro escondido. Arriad as velas e preparade o desembarco!
• 2º QUENDA: 6 a 17 de xullo. Pinceladas no tempo Descobre a secretos da arte e viaxa desde a pintura rupestre ata os deseños máis xeométricos, desde os clásicos ata as vangardas. Coñece e xoga coas grandes obras de todos os tempos e mergúllache neste paseo pola arte. Esperta ao xenio que levas dentro!
• 3º QUENDA: 20 a 31 de xullo. Misión espacial. Este ano, o fenómeno do século cruza A Coruña. O sol, a lúa e as eclipses cobran vida e ocuparán os días nesta quenda. Conviertete en astrónomo, en vixiante do espazo para realizar simulacións, experimentos e descubrir misterios espaciais.
LUGARES DE REALIZACIÓN
CEIP Juan Fernández Latorre; CEIP María Barbeito; CEIP Novo Mesoiro; CEIP Ramón da Sagra; CEIP San Francisco Xabier; CEIP San Pedro de Visma; CEIP Torre de Hércules; CEIP Wenceslao Fernández Flórez.
NÚMERO DE PRAZAS
1.080 prazas en total (360 por quenda: 45 prazas en cada centro escolar en 3 grupos de 15 escolares por sede e quenda).
Terán preferencia, ata un 33% das prazas por quenda, o alumnado que estea matriculado no centro que é sede do campamento
Dende o 22/06/2026 ata o 31/07/2026
Dende o 04/05/2026 ata o 07/05/2026
CALENDARIO DE SOLICITUDE, ADJUDICACION E ABONO (por determinar)
Federación Provincial das ANPA de centros públicos
R/ Orzán, 21 - 15001 A Coruña
Tel.: 981 202 002 / 649 055 939 / 698 158 503
Servizo Municipal de Educación
Tel: 981 184 200 ext.: 10179
1. Poderanse solicitar por orde de preferencia ata 3 quendas.
2. A cada solicitante asignaráselle un número correlativo segundo o momento da inscrición.
3. En caso de irmáns ou irmás tomarase como referencia o número de adxudicación de quen se inscriba en primeiro lugar.
4. A adxudicación de prazas farase empezando polo número agraciado e seguirase cos números inmediatamente correlativos. De chegar ao final da listaxe numérica sen esgotárense as prazas dispoñibles, continuarase polo primeiro número inscrito.
5. Ademais do número, para a adxudicación terase en conta a orde de preferencia da quenda solicitada e as prazas dispoñibles nela.
6. Na ficha de inscrición detallaranse a autorización ou non do uso da imaxe, se ten algunha alerxia alimentaria, se padece algunha doenza que impida realizar a actividade física e se precisa algún tipo de atención individualizada.
7. Os grupos de madrugadores e comedor só se formarán cun mínimo de 10 participantes inscritos/as.
O centro escolar sede deberá proporcionar espazos adecuados para a realización as actividades do programa. Cada grupo de participantes deberá contar cun espazo ou aula de referencia.
Cada grupo que se forme terá como responsable unha única persoa educadora; excepto aqueles grupos que, polas súas especiais características, necesiten dunha persoa educadora de reforzo.
Federación Provincial de ANPAS de centros públicos da Coruña, en convenio de colaboración co Concello da Coruña, para o desenvolvemento dos "Programas de Lecer" nos CEIP do municipio, en horario extraescolar.
INSCRICIÓN: A través da ficha na web https:/app.fedapascoruna.org/login
PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE PERSOAS ADMITIDAS (provisionais e definitivas): na web municipal www.coruna.gal , no 010 e na web da federación de Anpas: www.fedapascoruna.org
Máis información sobre os Campamentos municipais do Concello da Coruña Verán 2026:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible