Concello da Coruña

Concello da Coruña

Aberto o prazo para a preinscrición nos Campacoles 2026

Cando:

5 de maio de 2026

A preinscrición poderase realizar os días 4, 5, 6 e 7 de maio.

O Concello da Coruña abre a preinscrición para os Campamentos de Verán 2026, unha programación municipal pensada para favorecer a conciliación familiar e ofrecer actividades de lecer educativo durante as vacacións escolares. A oferta inclúe campamentos urbanos, municipais de día, con pernoctación, de mocidade, deportivos, Fórum e Ágora, a Escola de Verán da OMIC e Campacoles. Verán 2026 .

A preinscrición poderase realizar os días 4, 5, 6 e 7 de maio a través de https://app.fedapascoruna.org/login

As listaxes provisionais publicaranse o 15 de maio. O sorteo será o 21 de maio e as listas de persoas admitidas coñeceranse o 1 de xuño.

Campacoles, unha das propostas destacadas, está dirixido a alumnado nado entre 2014 e 2022, matriculado nun CEIP do Concello da Coruña durante o curso 2025/2026. Podes ver toda a información relativa a este campamento na páxina web: Campacoles. Verán 2026

Programa ao que pertence

  • Campacoles. Verán 2026

    A Federación Provincial de ANPAS, en convenio co Concello da Coruña, e co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais (a partir da última semana de xuño e durante o mes de xullo), leva a cabo o programa Campacoles, que se desenvolve como campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión