Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campacoles. Verán 2026

A Federación Provincial de ANPAS, en convenio co Concello da Coruña, e co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais (a partir da última semana de xuño e durante o mes de xullo), leva a cabo o programa Campacoles, que se desenvolve como campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

A quen vai dirixido?:

Escolares de Educación Infantil e Primaria matriculados/as nos CEIPs do Concello da Coruña no actual curso 2025/2026; nados entre o 01/01/2014 ao 31/12/2022

Horario:

Os campamentos realizaranse de luns a venres, excepto festivos, de 10:00 a 14:00h. e cos seguintes horarios:

  • Só campamento: de luns a venres, de 10:00 a 14:00h.
  • Madrugadores: de luns a venres, de 8:30 a 10:00h.
  • Comedor: de luns a venres, de 14:00 a 15:30h. (podendo saír desde as 15:00h.)

Anual

Prezo / Custo:

Cotas de inscrición e servizos por quenda

  • Campacole: 40,00 €
  • Madrugadores sen almorzo: 20,00 €
  • Madrugadores con almorzo: 36,00 €
  • Comedor: 60,00 €

As persoas solicitante e que son beneficiarias da bolsa comedor no curso 2025/2026, terán unha bonificación do 50% de desconto na cota específica de Campacole. En todos os casos, os servizos de madrugadores e de comedor, abonaranse na súa totalidade.

SEGURO DE ACCIDENTES: 5€

Estarán exentos/as do pago do seguro de accidentes aquelas persoas solicitantes matriculadas en calquera programa ofertado pola Federación de ANPAS no curso 2025/2026 ("Coxegas", "Deporte no Centro", "Arte e Cultura no Centro" e "Idiomas no Centro").

MODO DE ABONO: A cota correspondente abonarase mediante transferencia a favor da Federación Provincial de Anpas: ES37 2100 6359 5802 0006 1816

No caso de non realizarse o pago nos prazos establecidos perderase a praza, que será ofrecida á seguinte persoa en lista de espera.

As actividades programadas terán un carácter multidisciplinar, con propostas que irán desde a animación á lectura ata os xogos e deportes, pasando polos xogos de enxeño, actividades musicais, teatrais, etc.

Como o curso pasado, haberá 1 hora diaria de INGLÉS para cada grupo, dentro da propia programación do Campacole.

Todas estas propostas virarán ao redor de uno mesmo fío condutor ou TEMÁTICA en cada quenda;

• 1º QUENDA (22 de xuño a 3 de xullo) - Á abordaxe!: prepárache para ser un pirata e cruzar os sete mares xunto á nosa tripulación. Descifra mapas antigos, supera retos e atopa o tesouro escondido. Arriad as velas e preparade o desembarco!

• 2º QUENDA (6 a 17 de xullo) - Pinceladas no tempo: descobre a secretos da arte e viaxa desde a pintura rupestre ata os deseños máis xeométricos, desde os clásicos ata as vangardas. Coñece e xoga coas grandes obras de todos os tempos e mergúllache neste paseo pola arte. Esperta ao xenio que levas dentro!

• 3º QUENDA (20 a 31 de xullo) - Misión espacial: este ano, o fenómeno do século cruza A Coruña. O sol, a lúa e as eclipses cobran vida e ocuparán os días nesta quenda. Convérteche en astrónomo, en vixiante do espazo, para realizar simulacións, experimentos e descubrir misterios espaciais.

Lugares de realización

CEIP Juan Fernández Latorre; CEIP María Barbeito; CEIP Novo Mesoiro; CEIP Ramón de la Sagra; CEIP San Francisco Xabier; CEIP San Pedro de Visma; CEIP Torre de Hércules; CEIP Wenceslao Fernández Flórez.

Número de prazas

1.080 prazas en total (360 por quenda: 45 prazas en cada centro escolar en 3 grupos de 15 escolares por sede e quenda).

Terán preferencia, ata un 33% das prazas por quenda, o alumnado que estea matriculado no centro que é sede do campamento

Cando:

Dende o 22/06/2026 ata o 31/07/2026

Inscricións:

Dende o 04/05/2026 ata o 07/05/2026

Calendario de solicitude, adxudicación e abono:

  • Prazo de solicitude:4, 5 ,6 e 7 de maio de 2026
  • Publicación da listaxe provisional de admitidos/as: 15 de maio
  • Reclamacións á listaxe provisional: 18 e 19 de maio
  • Publicación da listaxe definitiva de admitidos/as: 20 de maio
  • Sorteo de prazas: 21 de maio, ás 10h
  • Publicación da listaxe definitiva de admitidas/vos:1 de xuño
  • Inscrición e pago: 2, 3, 4 e 5 de xuño
  • Chamadas á lista de espera: a partir do 10 de xuño

Contacto:

Federación Provincial das ANPA de centros públicos

R/ Orzán, 21 - 15001 A Coruña

Tel.: 981 202 002 / 649 055 939 / 698 158 503

campacoles@fedapascoruna.org

www.fedapascoruna.org

Servizo Municipal de Educación

educacion@coruna.gal

Tel: 981 184 200 ext.: 10179

Requisitos:

1. Poderanse solicitar por orde de preferencia ata 3 quendas.

2. A cada solicitante asignaráselle un número correlativo segundo o momento da inscrición.

3. En caso de irmáns ou irmás tomarase como referencia o número de adxudicación de quen se inscriba en primeiro lugar.

4. A adxudicación de prazas farase empezando polo número agraciado e seguirase cos números inmediatamente correlativos. De chegar ao final da listaxe numérica sen esgotárense as prazas dispoñibles, continuarase polo primeiro número inscrito.

5. Ademais do número, para a adxudicación terase en conta a orde de preferencia da quenda solicitada e as prazas dispoñibles nela.

6. Na ficha de inscrición detallaranse a autorización ou non do uso da imaxe, se ten algunha alerxia alimentaria, se padece algunha doenza que impida realizar a actividade física e se precisa algún tipo de atención individualizada.

7. Os grupos de madrugadores e comedor só se formarán cun mínimo de 10 participantes inscritos/as.

Recursos materiais:

O centro escolar sede deberá proporcionar espazos adecuados para a realización as actividades do programa. Cada grupo de participantes deberá contar cun espazo ou aula de referencia.

Recursos humanos:

Cada grupo que se forme terá como responsable unha única persoa educadora; excepto aqueles grupos que, polas súas especiais características, necesiten dunha persoa educadora de reforzo.

Organiza:

Federación Provincial de ANPAS de centros públicos da Coruña, en convenio de colaboración co Concello da Coruña, para o desenvolvemento dos "Programas de Lecer" nos CEIP do municipio, en horario extraescolar.

Máis información:

INSCRICIÓN: A través da ficha na web https:/app.fedapascoruna.org/login

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE PERSOAS ADMITIDAS (provisionais e definitivas): na web municipal www.coruna.gal , no 010 e na web da federación de Anpas: www.fedapascoruna.org

Máis información sobre os Campamentos municipais do Concello da Coruña Verán 2026:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión