A Federación Provincial das ANPA, en convenio co Concello da Coruña, e co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais (a partir da última semana de xuño e durante o mes de xullo), leva a cabo o programa Campacoles, que se desenvolve como campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.
Só da Coruña
Educación
Extraescolar
Escolares de educación infantil e primaria matriculados/as nos CEIP do Concello da Coruña no actual curso 2026/2027; nacidos entre o 01/01/2015 e o 31/12/2023
A información dos horarios publicarase antes da apertura do prazo de solicitude, en abril/maio de 2027.
A información do programa (actividades, quendas, lugares de realización, número de prazas...) publicarase antes da apertura do prazo de solicitude, en abril/maio de 2027.
Páxina da edición anterior (verán de 2026): Campacoles. Verán 2026
A partir da última semana de xuño e durante o mes de xullo de 2027
O período de solicitude abrirase en abril/maio de 2027 (datas pendentes de determinar).
Federación Provincial das ANPA de centros públicos
R/ Orzán, 21 - 15001 A Coruña
Tel.: 981 202 002 / 649 055 939 / 698 158 503
Servizo Municipal de Educación
Tel.: 981 184 200 ext: 10179
O centro escolar sede deberá proporcionar espazos adecuados para realizar as actividades do programa. Cada grupo de participantes deberá contar cun espazo ou aula de referencia.
Cada grupo que se forme terá como responsable unha única persoa educadora; excepto aqueles grupos que polas súas especiais características necesiten un/unha educador/a de reforzo.
Federación Provincial das ANPA de centros públicos da Coruña, en convenio de colaboración co Concello da Coruña, para o desenvolvemento dos "Programas de Lecer" nos CEIP do municipio, en horario extraescolar.
Inscrición (a partir de abril/maio de 2027): a través da ficha na web https:/app.fedapascoruna.org/login
Publicación de listaxes de persoas admitidas (provisionais e definitivas): na web municipal www.coruna.gal, no 010 e na web da federación das ANPA: www.fedapascoruna.org
Información sobre os Campamentos municipais do Concello da Coruña do curso pasado (verán 2026): /web/gl/actualidade/axenda/campamentos-de-veran-2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible