Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campacoles. Verán 2026

A Federación Provincial das ANPA, en convenio co Concello da Coruña, e co fin de responder ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais (a partir da última semana de xuño e durante o mes de xullo), leva a cabo o programa Campacoles, que se desenvolve como campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

A quen vai dirixido?:

Escolares de educación infantil e primaria matriculados/as nos CEIP do Concello da Coruña no actual curso 2025/2026; nados/as entre o 01/01/2014 ao 31/12/2022

Horario:

Os campamentos realizaranse de luns a venres, excepto festivos, das 10.00 ás 14.00 h e cos seguintes horarios:

  • Só campamento: de luns a venres, das 10.00 ás 14.00 h
  • Madrugadores: de luns a venres, das 8.30 ás 10.00 h
  • Comedor: de luns a venres, das 14.00 ás 15.30 h (poderase saír dende as 15.00 h)

Prezo / Custo:

Cotas de inscrición e servizos por quenda

  • Campacole: 40,00 €
  • Madrugadores sen almorzo: 20,00 €
  • Madrugadores con almorzo: 36,00 €
  • Comedor: 60,00 €

As persoas solicitantes que son beneficiarias da bolsa comedor no curso 2025/2026 terán unha bonificación do 50% de desconto na cota específica de Campacole. En todos os casos, os servizos de madrugadores e de comedor, aboaranse na súa totalidade.

  • Seguro de accidentes: 5,00 €

Estarán exentas do pago do seguro de accidentes aquelas persoas solicitantes matriculadas en calquera programa ofertado pola Federación das ANPA no curso 2025/2026 ("Cóxegas", "Deporte no centro", "Arte e cultura no centro" e "Idiomas no centro").

Modo de aboamento: a cota correspondente aboarase mediante unha transferencia a favor da Federación Provincial das ANPA: ES37 2100 6359 5802 0006 1816

No caso de non realizarse o pago nos prazos establecidos perderase a praza, que será ofrecida á seguinte persoa en lista de espera.

Actividades e quendas

As actividades programadas terán un carácter multidisciplinar, con propostas que irán dende a animación á lectura ata os xogos e deportes, pasando polos xogos de enxeño, actividades musicais, teatrais etc.

Como o curso pasado, haberá 1 hora diaria de inglés para cada grupo, dentro da propia programación do Campacole.

Todas estas propostas xirarán arredor dun mesmo fío condutor ou temática en cada quenda:

  • 1.ª quenda (22 de xuño a 3 de xullo) - Á abordaxe!: prepárate para ser un pirata e cruzar os sete mares xunto á nosa tripulación. Descifra mapas antigos, supera retos e atopa o tesouro escondido. Arriade as velas e preparade o desembarco!
  • 2.ª quenda (6 a 17 de xullo) - Pinceladas no tempo: descubre os secretos da arte e viaxa dende a pintura rupestre ata os deseños máis xeométricos, dende os clásicos ata as vangardas. Coñece e xoga coas grandes obras de todos os tempos e mergúllate neste paseo pola arte. Esperta o xenio que levas dentro!
  • 3.ª quenda (20 a 31 de xullo) - Misión espacial: este ano, o fenómeno do século cruza A Coruña. O sol, a lúa e as eclipses cobran vida e ocuparán os días nesta quenda. Convértete en astrónomo/a, en vixiante do espazo, para realizar simulacións, experimentos e descubrir misterios espaciais.

Lugares de realización

CEIP Juan Fernández Latorre; CEIP María Barbeito; CEIP Novo Mesoiro; CEIP Ramón de la Sagra; CEIP San Francisco Xabier; CEIP San Pedro de Visma; CEIP Torre de Hércules; CEIP Wenceslao Fernández Flórez.

Número de prazas

1.080 prazas en total (360 por quenda: 45 prazas en cada centro escolar en 3 grupos de 15 escolares por sede e quenda)

Terá preferencia, ata un 33% das prazas por quenda, o alumnado que estea matriculado no centro que é sede do campamento.

Publicación de listas provisionais

Tras a publicación das listas provisionais, ábrese un prazo de reclamación durante os días 18 e 19 de maio, ambos os días incluídos.

Publicación de listas definitivas e sorteo de prazas

Unha vez finalizado o prazo de presentación de reclamacións ante as listas provisionais, publicouse, o día 20 de maio, a lista definitiva de persoas preinscritas.

O sorteo de prazas realizouse o xoves 21 de maio, ás 08.35 horas. O número resultante foi o 974 (app-sorteos.com/w/WM6QDE3).

O luns 1 de xuño publicarase a listaxe definitiva de persoas seleccionadas.

Publicación de listas de persoas admitidas e en espera e prazo de inscrición e pago

O día 1 de xuño publicáronse as listas definitivas de persoas admitidas e en lista de espera por centro. A adxudicación de prazas realizouse atendendo aos criterios publicados nas bases, tendo en conta que o número de preinscrición seleccionado no sorteo público realizado o 21 de maio na sede da Federación de ANPAS foi o 974.

As listas pódense consultar e descargar desde a sección de "Documentos relacionados" desta mesma páxina.

Prazo de inscrición e pago

Para formalizar a inscrición deberase facer o ingreso da cota e o envío do xustificante bancario correspondente (consultar o importe das quendas e dos servizos admitidos (ADM.), atendendo ás táboas correspondentes). Están exentos do pago da cota do seguro aqueles/as escolares que participasen nalgún programa da Federación das ANPA no curso 2025/2026.

O pagamento da cota correspondente realizarase mediante transferencia á conta da Federación Provincial das ANPA: ES37 2100 6359 5802 0006 1816, co concepto:

  • Nome do/a escolar
  • Quenda/s e servizos nos que foi admitido/a (madrugadores, comedor...).

O prazo de pago e envío do xustificante será desde o 2 ata o 5 de xuño. Cómpre que se achegue na web https://app.fedapascoruna.org/login o comprobante de transferencia do pago no panel de familias/inscricións realizadas.

MOI IMPORTANTE: de non realizarse o pago e achegar o comprobante correspondente no prazo indicado, entenderase como renuncia á praza e, por tanto, considerarase a praza vacante e cubrirase co escolar correspondente da lista de espera.

Cando:

Dende o 22/06/2026 ata o 31/07/2026

Inscricións:

Dende o 04/05/2026 ata o 07/05/2026

Calendario de solicitude, adxudicación e aboamento:

  • Prazo de solicitude: 4, 5 ,6 e 7 de maio de 2026
  • Publicación da listaxe provisional de solicitantes: 15 de maio
  • Reclamacións á listaxe provisional: 18 e 19 de maio
  • Publicación da listaxe definitiva de solicitantes admitidos/as: 20 de maio
  • Sorteo de prazas: 21 de maio, ás 10.00 horas
  • Publicación da listaxe definitiva de admitidos/as: 1 de xuño
  • Inscrición e pago: 2, 3, 4 e 5 de xuño
  • Chamadas á lista de espera: a partir do 10 de xuño

Contacto:

Federación Provincial das ANPA de centros públicos

R/ Orzán, 21 - 15001 A Coruña

Tel.: 981 202 002 / 649 055 939 / 698 158 503

campacoles@fedapascoruna.org

www.fedapascoruna.org

Servizo Municipal de Educación

educacion@coruna.gal

Tel.: 981 184 200 ext.: 10179

Requisitos:

1. Poderanse solicitar por orde de preferencia ata 3 quendas.

2. A cada solicitante asignaráselle un número correlativo segundo o momento da inscrición.

3. En caso de irmáns ou irmás tomarase como referencia o número de adxudicación de quen se inscriba en primeiro lugar.

4. A adxudicación de prazas farase empezando polo número agraciado e seguirase cos números inmediatamente correlativos. De chegar ao final da listaxe numérica sen esgotárense as prazas dispoñibles, continuarase polo primeiro número inscrito.

5. Ademais do número, para a adxudicación terase en conta a orde de preferencia da quenda solicitada e as prazas dispoñibles nela.

6. Na ficha de inscrición detallaranse a autorización ou non do uso da imaxe, se ten algunha alerxia alimentaria, se padece algunha doenza que impida realizar a actividade física e se precisa algún tipo de atención individualizada.

7. Os grupos de madrugadores e comedor só se formarán cun mínimo de 10 participantes inscritos/as.

Recursos materiais:

O centro escolar sede deberá proporcionar espazos adecuados para realizar as actividades do programa. Cada grupo de participantes deberá contar cun espazo ou aula de referencia.

Recursos humanos:

Cada grupo que se forme terá como responsable unha única persoa educadora; excepto aqueles grupos que, polas súas especiais características, necesiten unha persoa educadora de reforzo.

Organiza:

Federación Provincial das ANPA de centros públicos da Coruña, en convenio de colaboración co Concello da Coruña, para o desenvolvemento dos "Programas de Ocio" nos CEIP do municipio, en horario extraescolar.

Máis información:

Inscrición: A través da ficha na web https:/app.fedapascoruna.org/login

Publicación de listaxes de persoas admitidas (provisionais e definitivas): na web municipal www.coruna.gal, no 010 e na web da federación das ANPA: www.fedapascoruna.org

Máis información sobre os Campamentos municipais do Concello da Coruña Verán 2026: /web/gl/actualidade/axenda/campamentos-de-veran-2026

Documentos relacionados

  • Campacoles 2026 - Listaxe de persoas admitidas e en lista de espera (CEIP Juan Fernández Latorre) (675 KB)
  • Campacoles 2026 - Listaxe de persoas admitidas e en lista de espera (CEIP María Barbeito) (658 KB)
  • Campacoles 2026 - Listaxe de persoas admitidas e en lista de espera (CEIP Novo Mesoiro) (671 KB)
  • Campacoles 2026 - Listaxe de persoas admitidas e en lista de espera (CEIP Ramón de la Sagra) (709 KB)
  • Campacoles 2026 - Listaxe de persoas admitidas e en lista de espera (CEIP San Francisco Javier) (731 KB)
  • Campacoles 2026 - Listaxe de persoas admitidas e en lista de espera (CEIP San Pedro de Visma) (705 KB)
  • Campacoles 2026 - Listaxe de persoas admitidas e en lista de espera (CEIP Torre de Hércules) (685 KB)
  • Campacoles 2026 - Listaxe de persoas admitidas e en lista de espera (CEIP Wenceslao Fernández Flórez) (703 KB)
  • Campacoles 2026 - Lista definitiva de persoas preinscritas (2 MB)
  • Campacoles 2026 - Lista provisional de persoas preinscritas (2 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión