Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concurso de cartas e debuxo "Agora imos andando ao cole" 2025-26

Concurso dirixido ao alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria da cidade, para promover o camiño escolar e a seguridade viaria en todos os centros da cidade.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria dos centros educativos públicos, concertados e privados da cidade.

Obxecto:

Promover o camiño escolar e a seguridade viaria, impulsando hábitos de mobilidade saudables nos desprazamentos cotiáns dos alumnos e fomentando o desprazamento a pé de nenos/as e familiares nos seus traxectos escolares.

Concurso dirixido aos centros educativos de Educación Primaria da Coruña, no que poderá participar o alumnado que curse 3º, 4º, 5º e 6º no curso 2025-2026.

O alumnado, previo á entrega de traballos, deberá recibir un taller teórico no que se traballan distintos temas de mobilidade sustentable e segura, para logo realizar unha carta ou un debuxo dando unha mensaxe en relación aos devanditos contidos.

Cada centro educativo fará unha preselección e enviará un máximo de 15 debuxos e/ou cartas que considere que cumpren os obxectivos do proxecto (xunto coa lista do alumnado seleccionado e o título dos seus traballos), á Asociación STOP Accidentes Galicia.

Permitirase participar ao alumnado nas dúas modalidades, é dicir, admitiranse por alumno un traballo de carta e debuxo, aínda que só será finalista un dos traballos.

Premios

Premiásense 15 traballos entre cartas e debuxos, un para cada mes do calendario e 3 premios especiais de debuxos de portada e bases do calendario, que serán os traballos que ilustren o calendario da Asociación para 2026.

Os/as alumnos/as gañadores/as recibirán un premio relacionado coa seguridade viaria e sortearanse dous agasallos entre todos os alumnos participantes.

A entrega de premios para os/as gañadores/as terá lugar no salón de plenos do Concello no mes de decembro de 2026.

Cando:

Dende o 16/09/2025 ata o 30/10/2025

  1. Período de inscrición: do 16 de setembro ao 16 de outubro de 2025. Ambos os incluídos.
  2. Participación nos talleres e recepción dos traballos de cada centro: último día 30 de outubro de 2025.
  3. Entrega de premios e diplomas: decembro de 2026 no salón de plenos do concello.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/09/2025 ata o 16/10/2025

Inscrición centros

Enviando un email a ancasgalicia@stopaccidentes.org .

Contacto:

STOP Accidentes Galicia

Avda. de Chile, 19, baixo. A Coruña.

Responsable do programa: Ángela M.ª Jiménez Quirós.

Teléfono: 981 289 368 / 667 309 450

Horario: de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas

Correo electrónico: aulasactivas@stopaccidentes.org

Máis información:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión