Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cóxegas 2026-27

CÓXEGAS ofrece unha solución para a conciliación familiar e laboral durante o mes de setembro para escolares de centros públicos.

Os nenos e as nenas gozarán de xogos, deportes e actividades lúdicas como teatro e arte, e participarán nunha emocionante aventura onde se promoven hábitos e normas de convivencia e se fomenta o desenvolvemento integral e a creatividade.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de educación infantil e educación primaria de centros públicos do municipio da Coruña

Esta oferta de actividades formúlase en función dos seguintes tramos de idade:

  • 4.º, 5.º e 6.º curso de educación infantil
  • de 1.º a 6.º curso de educación primaria

Horario:

De luns a venres, das 16.00 ás 17.00 h ou de luns a venres, das 16.00 ás 18.00 h

O horario de asistencia neste programa será o elixido por cada participante no formulario de inscrición.

Non haberá opción de incorporarse á actividade ás 17.00 h.

Prezo / Custo:

25 € por participante.

O alumnado solicitante que xustifique ser beneficiario de "Bolsa Comedor" para o curso 2026/2027, terá un desconto do 50% da cota.

É obrigatorio un SEGURO DE ACCIDENTES, cunha única cota anual de 5 €; que lles dará cobertura a todos os programas de lecer xestionados pola Federación das ANPA no período lectivo do curso 2026/2027.

Obxecto:

  • Facilitar a conciliación familiar directamente no centro educativo
  • Promover hábitos e normas de convivencia
  • Fomentar o desenvolvemento cognitivo, psicomotor e social a través do xogo

Este programa ofrece unha solución para a conciliación familiar e laboral no propio centro educativo ao longo de tres semanas no mes de setembro. As persoas participantes realizarán xogos, deportes e actividades lúdicas e participarán nunha emocionante aventura onde se promoven hábitos e normas de convivencia e se fomenta o desenvolvemento cognitivo, psicomotor e social.

ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES

A oferta de Cóxegas cada centro será determinada pola súa ANPA, conforme á proposta de lecer da federación, e deberá ser aprobada polo Consello Escolar.

A Federación das ANPA valorará a viabilidade das actividades e poderá propoñer alternativas nos seguintes casos:

  1. Cando non se consiga o número mínimo de participantes.
  2. Cando se careza de persoal, materiais ou instalacións adecuadas.
  3. Se un grupo xa iniciado queda por baixo do número mínimo debido a baixas ou ausencias.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

No caso de existir limitacións por razóns organizativas ou de espazo, as prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición.

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

  • Cumprir as normas de convivencia do centro e manter unha actitude de respecto no desenvolvemento das actividades. En caso de non cumprirse aplicarase o protocolo disciplinario correspondente.
  • A falta de asistencia continuada sen xustificación poderá supoñer a expulsión do programa sen dereito a devolución da cota aboada. Esa vacante poderá ser ocupada por outro/a escolar que a necesite por estar en listaxe de espera.
  • BAIXAS: as solicitudes de baixa deberán facerse por escrito a través do correo electrónico: actividades@fedapascoruna.org, ata o 2 de setembro ás 12.00 h.
  • Garantirase a devolución da cota no caso de que:
  1. Se comunique a baixa dentro do prazo establecido.
  2. Non se alcance o mínimo de 10 participantes para formar grupo.
  3. Se produza unha causa de forza maior.

Cando:

Dende o 09/09/2026 ata o 30/09/2026

Inscricións:

Dende o 01/07/2026 ata o 02/09/2026

Inscrición en liña na seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones

Para formalizar a inscrición deberase facer o pago da cota por transferencia bancaria á conta da Federación das ANPA: ES37 2100 6359 5802 0006 1816.

E subir o xustificante en "Inscricións realizadas" no panel de familias, indicando como concepto: nome e apelidos do/a alumno/a e centro educativo.

Inclusión de alumnado con necesiades específicas

Deberase indicar na solicitude de inscrición o tipo de necesidade educativa, se ten diagnóstico, ou se necesita atención individualizada.

A Federación Provincial das ANPA valorará a viabilidade da súa inclusión no grupo correspondente.

Contacto:

Federación Provincial das ANPA de Centros Públicos da Coruña

R/ Orzán, 21. 15001 A Coruña

Tel.: 981 202 002

actividades@fedapascoruna.org

www.fedapascoruna.org

Servizo Municipal de Educación

educacion@coruna.es

Tel.: 981 184 200 ext.: 10127

Requisitos:

  • Ratio mínimo: 10 participantes
  • Se hai un único grupo, poderá estar formado por escolares de distintas etapas educativas.
  • As familias deberán aboar a cota no momento de formalizar a inscrición.
  • Garantirase a devolución no caso de que:
  1. Se comunique a baixa dentro do prazo establecido.
  2. Non se alcance o mínimo de 10 participantes para formar grupo.
  3. Se produza unha causa de forza maior.
  • A falta de pagamento entenderase como renuncia á praza.

Recursos materiais:

O centro escolar deberá proporcionar espazos adecuados para realizar as actividades do programa. Cada grupo de participantes deberá contar cun espazo ou aula de referencia.

Recursos humanos:

Cada grupo que se forme terá como responsable unha única persoa educadora; excepto aqueles grupos que polas súas especiais características necesiten dunha persoa educadora de reforzo.

Organiza:

Federación Provincial das ANPA de centros públicos da Coruña, en convenio de colaboración co Concello da Coruña.

Os denominados "Programas de lecer educativo" están deseñados para realizarse nos centros educativos coa cooperación dos equipos directivos e as ANPA.

Documentos:

Proposta de Lecer Educativo. Curso 2026-2027 (2 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión