Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deporte no centro 2026-27

O programa "Deporte no centro" promove o poder do deporte para o desenvolvemento integral dos/as menores, xa que non só promove a actividade física, senón que tamén ensina valores e habilidades fundamentais.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de centros públicos do municipio da Coruña de Educación Infantil e Educación Primaria. Tamén poderá ter cabida o alumnado de centros públicos de ESO, Bacharelato e FP .

A oferta de actividades exponse en función dos seguintes tramos de idade:

  • 4.º, 5.º e 6.º curso de educación infantil
  • 1.º, 2.º e 3.º curso de educación primaria
  • 4.º, 5.º e 6.º curso de educación primaria
  • ESO, bacharelato e FP

Horario:

De luns a venres, 2 sesións semanais de 1 hora, distribuídas en días alternos (luns-mércores e martes-xoves), sempre dentro da franxa horaria das 16.00 ás 18.00 h.

Poderanse realizar as actividades "PEQUEXOGOS, XOGAPRO E XOGAMASTERS" só os venres (1 hora de duración).

O horario de cada actividade determínao a ANPA de cada centro educativo seguindo as directrices anteriores.

Prezo / Custo:

Cota mensual: 10€ por cada escola deportiva

As cotas de serán"Pequexogos, Xogapro e Xogamasters" de 5 €.

O alumnado solicitante que xustifique ser beneficiario de Bolsa "Comedor" para o curso 2026/2027, terá un desconto do 50% da cota.

É obrigatorio un SEGURO DE ACCIDENTES, cunha única cota anual de 5€; que lles dará cobertura a todos os programas de lecer xestionadas pola Federación de Anpas no período lectivo do curso 2026/2027.

Obxecto:

  • Gozar da actividade motriz e deportiva como un medio para sentirse a gusto consigo mesmo/a e coas demais persoas.
  • Participar na actividade deportiva con independencia do nivel de habilidade alcanzado, aceptando as normas e respectando as diferenzas entre os/as participantes.
  • Adquirir hábitos hixiénicos e saudables directamente relacionados coa práctica de actividades motrices e deportivas.
  • Desenvolver as habilidades e capacidades motrices básicas (educación infantil) e aquelas directamente vinculadas ás prácticas deportivas elixidas (especialmente nos últimos cursos de educación primaria).
  • Proporcionar, a través do deporte, experiencias gratificantes que os/as orienten á hora de utilizar adecuadamente o seu tempo libre.

Modalidades deportivas

Cada actividade está adaptada ao nivel de desenvolvemento do alumnado, fomentando o seu crecemento integral a través do xogo e o deporte.

En educación infantil:

As actividades céntranse en mellorar as habilidades motoras xerais mediante o xogo, axudándolles aos/ás máis pequenos/as a desenvolver coordinación e movemento de maneira divertida e segura.

En educación primaria:

Nos primeiros cursos, enfocámonos na evolución natural dos xogos motores e en actividades rítmicas que combinan xogo e deporte. A medida que os/as escolares crecen, introdúcense actividades rítmicas que desenvolven coordinación e expresión corporal, deportes específicos adaptados ao seu nivel e xogos de mesa e xadrez para desenvolver habilidades estratéxicas.

  • DEPORTES ALTERNATIVOS (colpbol, ultimate, baseball, pickleball...) é unha proposta innovadora que convida o alumnado a explorar actividades deportivas emocionantes, fomentando a creatividade, o traballo en equipo e o desenvolvemento integral nun ambiente divertido. Adaptados a todos os niveis de habilidade, ofrecen unha alternativa atractiva aos deportes tradicionais e promoven o benestar integral dos/as participantes.
  • "PEQUEXOGOS, XOGAPRO E XOGAMASTERS"* son encontros deportivos con actividades de competición entre equipos do centro ou intercentros en deportes específicos que  promoven a cooperación, a competencia saudable e o desenvolvemento de habilidades sociais e motrices.

En ESO:

As ANPA dos IES poderán solicitar as mesmas modalidades deportivas propostas para o último tramo de educación primaria.

EDUCACIÓN INFANTIL

EDUCACIÓN PRIMARIA

4.º, 5.º e 6.º

1.º, 2.º e 3.º

4.º, 5.º e 6.º EP

ESO e BACHARELATO

XOGOS E MOVEMENTO

RITMO

BAILE MODERNO

XIMNASIA RÍTMICA

PRE-ATLETISMO

PRE-BALONCESTO

PRE-BALONMÁN

PRE-FÚTBOL

PRE-HÓCKEY SALA

PRE-VOLEIBOL

DEPORTES DE RAQUETA

PREDEPORTE

ATLETISMO

BALONCESTO

BALONMÁN

FÚTBOL

HÓCKEY SALA

VOLEIBOL

DEPORTES DE RAQUETA

MULTIDEPORTE

XOGOS DE TABOLEIRO

PRE-XADREZ

XADREZ

PRE-PATINAXE 1

(só para 5.º e 6.º cursos)

PRE-PATINAXE 2

PRE-HÓCHEY SOBRE PATÍNS

PATINAXE ARTÍSTICA

HÓCKEY SOBRE PATÍNS

XOGOS TRADICIONAIS 1

XOGOS TRADICIONAIS 2

DEPORTES ALTERNATIVOS

PEQUEXOGOS

(torneos deportivos)

XOGAPRO

(torneos deportivos)

XOGAMASTERS

(torneos deportivos)

Poderanse solicitar outros deportes sempre que o centro teña as instalacións adecuadas. A Federación Provincial das ANPA avaliará estas propostas para decidir a súa realización.

Máis información sobre as actividades no documento informativo sobre a Proposta de lecer educativo, que se pode descargar desde o apartado "Documentos" desta mesma páxina.

Metodoloxía

Baséase nun modelo participativo e activo de todos os membros do grupo que, independentemente do seu nivel de habilidade, logre que se sintan a gusto na actividade.

Organización das actividades

A oferta de modalidades deportivas de cada centro será determinada pola súa ANPA, conforme á proposta de Lecer da federación, e deberá ser aprobada polo Consello Escolar.

A Federación das ANPA valorará a viabilidade das actividades e poderá propoñer alternativas nos seguintes casos:

  1. Cando non se consiga o número mínimo de participantes.
  2. Cando se careza de persoal, materiais ou instalacións adecuadas.
  3. Se un grupo xa iniciado queda por baixo do número mínimo debido a baixas ou ausencias.

Adxudicación de prazas

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición, no caso de existir limitacións por razóns organizativas ou de espazo.

Se non se puidese formar un grupo por non chegar ao mínimo de participantes ou non dispoñer dos recursos humanos, materiais ou instalacións idóneas, facilitaráselles ás persoas solicitantes a inclusión noutro grupo xa formado ou ben se valorará conxuntamente coas familias substituír esa actividade por outra que si cumpra as condicións necesarias para a súa posta en marcha.

Condicións de participación

  • Cumprir as normas de convivencia do centro e manter unha actitude de respecto no desenvolvemento das actividades. En caso de non cumprirse aplicarase o protocolo disciplinario correspondente.
  • A falta de asistencia continuada sen xustificación poderá supoñer a expulsión do programa sen dereito a devolución da cota aboada. Esa vacante poderá ser ocupada por outro escolar que a necesite por estar en listaxe de espera.
  • Unha vez comezado o programa, se algún grupo xa formado queda por baixo do ratio mínimo establecido por falta de asistencia dos/as participantes, non podería continuar, e quedará suspendida esa actividade.
  • Se unha mesma actividade, para un mesmo tramo de idade, se oferta en dúas franxas horarias diferentes, o/a participante só poderá escoller unha desas dúas franxas horarias.
  • As actividades solicitadas escolleranse entre a oferta de actividades proposta pola ANPA de cada centro.
  • ALTAS, BAIXAS E CAMBIOS DE ACTIVIDADE: as solicitudes deberán facerse por escrito a través do correo electrónico actividades@fedapascoruna.org, ata o día 20 do mes anterior.

As altas novas e cambios de actividade quedarán supeditadas á existencia de prazas na actividade nova solicitada e ao criterio técnico.

As solicitudes de baixa fóra de prazo implicarán o aboamento da cota na forma habitual.

No caso de devolución da cota, os gastos derivados da xestión bancaria engadiranse na cota para aboar.

A falta de pagamento da cota entenderase como baixa na actividade. Non se poderá acceder a outras actividades ou programas ata estar ao corrente do devandito pago.

Cando:

Dende o 01/10/2026 ata o 21/06/2027

Inscricións:

Dende o 01/07/2026 ata o 14/09/2026

A inscrición será en liña a través da seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones

Non se considerarán válidas:

  1. As inscricións en dúas actividades que coincidan no mesmo horario.

  2. As inscricións na mesma actividade ofrecida en dous horarios distintos para o mesmo grupo de idade.

Inclusión de alumnado con necesidades específicas

Deberase indicar na solicitude de inscrición o tipo de necesidade educativa, se ten diagnóstico, ou se necesita atención individualizada.

A Federación Provincial das ANPA valorará a viabilidade da súa inclusión no grupo correspondente.

Requisitos:

O ratio mínimo para formar grupo establecerase segundo a liña de cada centro:

  • Con liña 1: 8 participantes; e 7 nos centros de menos de 100 alumnos/as matriculados/as
  • Con liña 2: 9 participantes.
  • Con liña 3: 10 participantes

Ratios máximas por grupo:

  • Educación Infantil: ata 12 participantes.
  • Educación Primaria: ata 15 participantes.

Estas cocientes poderán adaptarse tendo en conta o criterio técnico e a información das Anpas.

En todas as modalidades de patinaxe e hockey é obrigatorio levar os patíns e as proteccións de seguridade idóneas (casco, rodilleras e bonequeiras), que non serán proporcionadas pola Fed. Prov. de ANPAS. Os escolares que non as leven non poderán patinar.

    Recursos materiais:

    O centro escolar deberá proporcionar espazos adecuados para realizar as modalidades deportivas do programa. Cada grupo de participantes deberá contar cun espazo ou aula de referencia.

    Recursos humanos:

    Cada grupo ou escola deportiva que se forme terá como responsable unha única persoa educadora; excepto aqueles grupos que polas súas especiais características necesiten dunha persoa educadora de reforzo.

    Organiza:

    Federación Provincial das ANPA de centros públicos da Coruña, en convenio de colaboración co Concello da Coruña.

    Os denominados "Programas de lecer educativo" están deseñados para realizarse nos centros educativos coa cooperación dos equipos directivos e as ANPA.

    Máis información:

    Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos

    C/ Orzán, 21. 15001 A Coruña

    Tel. 981 202 002

    actividades@fedapascoruna.org

    Servizo Municipal de Educación

    educacion@coruna.gao

    981 184 200 ext. 10127

    Documentos:

    Proposta de Lecer Educativo. Curso 2026-2027 (2 MB)

    Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión