Esta proposta trata de fomentar a capacidade de formular argumentos propios, reflexionados e coa madurez que require dentro das idades en que está comprendida a proposta.
As palabras reflicten dun modo profundo os conceptos máis arraigados da nosa visión do mundo, moldeando a un tempo a realidade que nos arrodea.
Falar sobre novos conceptos e traer a debate temas que na actualidade preocupan ás mozas e aos mozos, máis aló dos paradigmas estáticos, favorece crear novos camiños favorables á igualdade e a diversidade.
Trátase de crear un espazo no que verbalizar as olladas e os sentimentos das e dos adolescentes, compartir visións, valores, críticas e dúbidas do mundo que as/os arrodea, do que son axentes activos e importantes protagonistas na participación da creación do seu propio futuro.
Só da Coruña
Igualdade
Complementaria
Alumnado de 3º e 4º de ESO. Bacharelato. Formación Profesional Básica e Media.
Lectivo dos Centros Educativos.
Obxectivo xeral
Fomentar os valores de igualdade e diversidade a través das voces e as reflexións da poboación máis nova da contorna coruñesa.
Obxectivos específicos
Condicións do programa
O centro educativo proporcionará unha aula onde facer os obradoiros.
A duración máxima de cada foro debate por grupo-aula será de 2 horas, sendo aconsellable distribuílas en dúas xornadas próximas no tempo. Acordaranse os horarios co centro educativo.
Obradoiros ofertados
Asignaranse un mínimo de dous debates por centro escolar que contemplen os diferentes grupos ou aulas (A, B, C...) dun curso determinado.
Cada centro poderá seleccionar unha temática por debate e aula, podendo ser diferentes as temáticas en diferentes aulas, aínda que sexan do mesmo curso, adecuándose á realidade e/ou necesidades do nivel ou curso concretos.
O número máximo de participantes será o número máximo de alumnado establecido por aula.
Contidos
Relación de posibles temáticas:
Metodoloxía
A metodoloxía dos foros será participativa. O alumnado terá un importante papel protagonista.
Para o desenvolvemento dos foros seguiranse os seguintes pasos:
Presentación: a persoa facilitadora explica a actividade ao grupo e achegará algunhas indicacións básicas para o debate como as seguintes:
- Argumentar e non facer alusións persoais.
- Respectar as quendas.
- Non berrar nin levantar a voz de forma excesiva.
- Escoitar atentamente para poder rebater, non contestar de modo irreflexivo.
- Persuadir, apaixonarse pero non excederse nin ofender.
Será fundamental que as intervencións sexan argumentadas e respectuosas, sen coartar a liberdade para que cada persoa expoña o seu punto de vista, e será papel da moderadora e experta en igualdade, lanzar reflexións orientadas cara aos valores da igualdade e á diversidade.
Final: para finalizar, deixarase espazo para facer unha intervención de aproximadamente 30 segundos/1 minuto e lanzar unha frase/reflexión/resumen. Ao final de cada debate compartiranse, na conta habilitada en Instagram para o proxecto, algunhas das frases ou argumentos que irán saíndo ao longo do debate a través dun # específico. Estas publicacións non incluirán: - imaxes do alumnado. - referencias persoais.
Dende o 07/01/2022 ata o 23/06/2022
2º e 3º trimestres do curso escolar 2021-2022.
Xa rematou
Dende o 15/09/2021 ata o 15/10/2021
Centro de Información ás Mulleres (CIM)
Coordinadora de centros e programas
C/ Hortensias, 11. 15008. A Coruña
Tel. CIM: 981 184 356. E-mail: cim@coruna.gal
Tel.: 981 184 200 ext. 67094, 67901
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible