As III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2026) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional e ensinos Artísticos (ordinaria e básica) que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.
De calquera concello
Educación
Outras
Público, Concertado, Privado
Alumnado que estea a cursar ESO, bacharelato e FP e que desexe coñecer os ciclos formativos artísticos e de FP, así como os estudos Superiores de Deseño que se imparten na cidade da Coruña.
A charla sobre FP BÁSICA, ademais de estar dirixida ao alumnado de ESO, tamén está aberta ás Anpas e ao público interesado.
De tarde, en función dos estudos e centros. O calendario publicarase nas semanas previas á celebración das xornadas.
complementaria
Gratuíto
As xornadas organízanse en:
Ademais, el alumnado asistente e o profesorado dos Departamentos de Orientación recibirán a Guía TI ELIXES 2026 (que estará dispoñible para a súa descarga na sección de Documentos relacionados desta mesma páxina), con información actualizada de estudos, bolsas e axudas de Educación Secundaria, Formación Profesional, estudos Superiores e Universitarios, así como recursos de procura de emprego xuvenil.
ACCESO Ás XORNADAS
O alumnado inscrito ten que presentar a CREDENCIAL correspondente, que lle foi enviada ao seu correo electrónico no momento da inscrición, para poder acceder ás visitas e charlas
No caso de non dispoñer de credencial e que haxa prazas libres, poderase asistir ás visitas e charlas unha vez que accedan as persoas con credencial.
Persoal da organización fará o control de entrada e poderá solicitar que a acode asistente acredite a súa identidade cun documento oficial.
GUÍA TI ELIXES! 2026
A Guía TI ELIXES! 2026 , realizada pola Rede Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña, en coordinación co Servizo Municipal de Educación, ofrece información actualizada sobre a oferta educativa de estudos, bolsas e axudas de Educación Secundaria, Formación Profesional, estudos Superiores e Universitarios, unha sección especial sobre estudos e titulacións de idiomas, unha selección de bolsas e axudas convocadas por entidades públicas e privadas, tanto en España como no estranxeiro, así como recursos de procura de emprego.
Esperamos que se converta nunha ferramenta práctica indispensable que sirva de apoio ao labor dos equipos de orientación de institutos e centros privados de ensino secundario e que facilite a toma de decisións sobre o futuro académico e profesional ao alumnado de educación secundaria.
Dende o 23/02/2026 ata o 02/03/2026
Xa rematou
Dende o 01/12/2025 ata o 19/12/2025
Inscrición dos centros:
Do 1 ao 19 de decembro de 2025, a través desta ficha de inscrición.
Inscrición do alumnado:
A solicitude en liña faia directamente a persoa interesada en acudir ás Xornadas a través desta ficha de inscrición, indicando o centro educativo no que está matriculada, as visitas e charlas ás que quere acudir (identificadas por un código numérico), así como os seus datos persoais.
MOI IMPORTANTE: verificar que os ciclos e charlas solicitadas non coincidan en horario.
Unha vez feita a solicitude a aplicación elabora un pdf confirmando a inscrición, onde se incorpora a CREDENCIAL de acceso ás Xornadas.
Este pdf, de confirmación e credenciais, envíase ao correo electrónico indicado no formulario.
Para resolver dúbidas e problemas sobre o proceso de inscrición en liña poden escribir a gestionim@edu.coruna.es .
Servizo de Municipal de Educación
Teléfono 981 184 200 - ext. 10179
Horario: de luns a venres, de 9 a 14 h
Rede de Información Xuvenil
Telegram//Whatsapp: 606 362 366.
SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Colaboran:
A REDE MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL
Os CENTROS PÚBLICOS DE FP DA CIDADE DA CORUÑA:
As ESCOLAS DE ARTES E SUPERIORES DE DESEÑO Pablo Picasso (A Coruña) e Mestre Mateo (Santiago de Compostela).
Novas relacionadas
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible