14 de novembro de 2025
Ademais, do 1 ao 15 de decembro abrirase un novo prazo de inscrición para os centros que queiran participar nas III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2026).
O Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña vén de confirmar a ampliación dos prazos de inscrición de varios programas municipais educativos incluídos nunha nova edición do Plan Coruña Educa para o curso 2025/2026.
Os programas, para os que se amplía o seu prazo de inscrición ata o vindeiro luns 15 de decembro, son os seguintes:
Inscrición dos centros nas III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2026)
Por outra banda, do 1 ao 15 de decembro, ambos os días incluídos, abrirase un novo prazo de inscrición para que os centros interesados poidan participar nas III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2026) , que se celebrarán entre o 23 de febreiro e o 2 de marzo de 2026.
Os centros educativos interesados en participar nalgún dos programas poderán formalizar a súa participación a través da web educativa do Concello. Na maior parte dos programas a inscrición realizarase a través da ficha específica en liña do servizo de Educación. Nalgúns casos será necesario cubrir unha ficha que facilita a entidade encargada de desenvolver o programa (a ligazón estará especificado no cadro anexo e na información de cada programa).
Programa ao que pertence
"Cinema na Escola" busca achegar esta disciplina artística audiovisual aos máis novos, aos centros e aos seus docentes, para que comproben de primeira man e a través do mundo da curtametraxe como as novas tecnoloxías facilítannos o acceso a esta potente ferramenta, didáctica e experiencial.
Un curso máis creamos unha escena "de cinema" na nosa contorna educativa para crear unha curtametraxe en lingua galega: luces, cámara e acción...
Máis informaciónEste programa busca dinamizar o uso da lingua galega a través do humor, o formato monólogo e a expresión oral, proporcionándolle ao alumnado unha experiencia creativa e enriquecedora, en colaboración con humoristas profesionais. Realizar talleres formativos de introdución á interpretación de monólogos cómicos, previos á gala, para potenciar a comprensión e expresión oral en lingua galega, así como a creatividade e a espontaneidade na representación.
Máis informaciónPrograma educativo concibido como un intercambio de representacións entre os grupos de teatro escolar do Concello da Coruña. Cada grupo crea ou selecciona e ensaia unha obra de teatro, para representala noutro centro educativo e recibe ao grupo de teatro do devandito centro.
Máis informaciónAs III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2026) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional e ensinos Artísticos (ordinaria e básica) que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.
Máis informaciónDocumentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible