Xornada formativa, organizada pola Fundación EMALCSA e o Servizo Municipal de Educación, destinada ao profesorado dos centros de ensino da Coruña interesado en adquirir técnicas e coñecementos para traballar co alumnado de necesidades educativas especiais desde as artes.
Só da Coruña
Educación
Outras
Público, Concertado, Privado
Profesorado dos centros educativos da cidade (CEIP, IES) interesados en adquirir técnicas e coñecementos para traballar co alumnado de necesidades educativas especiais desde as artes.
En caso de superarse o número máximo de prazas permitido, terá preferencia o profesorado dos centros públicos.
De 16.30 a 19.30 horas cada día.
Haberá pausa para café como encontro de diálogo e traballo conxunto.
Formativa
Gratuíto
Dotar o profesorado e profesionais especialistas dun coñecemento xeral nas tres artes terapéuticas con recursos prácticos adaptados en musicoterapia, arteterapia e dramaterapia, co fin de transformar as aulas en espazos inclusivos e ofrecer respostas pedagóxicas eficientes, creativas e emocionais ante o incremento do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) xunto co alumnado neurotípico.
Día 1 - Musicoterapia
A música como ferramenta de comunicación, regulación e inclusión.
Obxectivos específicos
Contidos
Parte práctica
Produto final do día
Cada participante elaborará un pequeno "kit musical inclusivo" con actividades para comunicación, regulación emocional, cohesión grupal e participación.
Día 2 - Arteterapia
Crear para expresar: a linguaxe artística como vía de comunicación e inclusión
Obxectivos específicos
Contidos
Parte práctica
Produto final do día
Elaboración dun "banco de propostas artísticas inclusivas" organizado por obxectivos: expresión emocional, comunicación, relación social, autoestima, regulación e cohesión grupal.
Día 3 - Dramaterapia
O corpo, o xogo e o teatro para construír relación, comunicación e inclusión.
Obxectivos específicos
Contidos
Parte práctica
Produto final do día
Creación dun "kit de dramaterapia para a aula" con xogos, dinámicas e propostas para traballar emocións, comunicación, habilidades sociais, convivencia e resolución de conflitos.
Actividade final - Integración das tres artes
Como peche da formación, propoñerase unha actividade transversal na que os participantes, organizados en pequenos grupos, teñan que deseñar unha intervención inclusiva para unha situación real ou simulada de aula, integrando os tres enfoques:
Dende o 07/04/2027 ata o 09/04/2027
As xornadas celebraranse do 7 ao 9 de abril, no Centro Sociocultural Ágora.
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
A inscrición realizarase a través da ligazón facilitada polo Servizo Municipal de Educación (dispoñible proximamente).
A solicitudes atenderanse por orde de chegada ata completar capacidade (límite de 400 prazas).
En caso de superarse o número máximo de prazas permitido, terá preferencia o profesorado dos centros públicos.
Persoas formadoras
Fundacion EMALCSA en coordinación co Servizo Municipal de Educación
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible