Concello da Coruña

Concello da Coruña

Natación escolar 2025-26

O Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña oferta, para escolares dos centros educativos públicos da cidade, o programa de Natación Escolar, co fin de posibilitar aos escolares da cidade unha aprendizaxe significativa no medio acuático e un avance das as súas técnicas de natación.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Deportes

Tipo de actividade:

Extraescolar

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 3º e 4º de EP de CEIP da cidade, ofertando un total de 415 prazas.

A actividade desenvolverase na Piscina Municipal de San Amaro, Piscina do Complexo Deportivo San Diego e Piscina Municipal de Riazor.

A cada centro asignaráselle unha Piscina Municipal na que se desenvolverá a actividade.

Horario:

O programa desenvólvese durante o curso escolar, en 1 sesión semanal dentro do horario extraescolar.

Prezo / Custo:

Matrícula e formalización da inscrición

A matrícula formalizarase no prazo establecido en cada unha das Instalacións Municipais mediante o pago da da taxa correspondente segundo a Ordenanza Fiscal en vigor (55,07 euros).

O pago poderá efectuarse en efectivo ou con cartón nas caixas de cada Piscina Municipal (Riazor, San Diego, San Amaro) de forma presencial e por orde de chegada, entregando a folla de inscrición debidamente cuberta.

Este pago inclúe o desenvolvemento da actividade de natación, o traslado en autobús desde o centro e cobertura sanitaria.

Obxecto:

  • Favorecer o desenvolvemento integral do alumnado a través do medio acuático.
  • Conseguir a familiarización e adaptación do alumnado ao medio acuático.
  • Contribuír ao proceso de educación e integración do alumnado.
  • Utilizar a auga como medio de recreo, co fin de xerar diversión e benestar a través do medio acuático e o movemento.
  • Desenvolver aspectos físicos, psíquicos e de relación social do individuo, coa finalidade de mellorar a calidade de vida.
  • Desenvolver as habilidades psicomotrices do alumnado, así como xerar hábitos de vida saudables a través do movemento e o exercicio físico.
  • Crear hábitos correctos de hixiene diaria.
  • Mellorar a condición física xeral do alumnado

Cando:

Dende o 01/10/2025 ata o 29/05/2026

Inscricións:

Dende o 08/09/2025 ata o 14/09/2025

As solicitudes presentásense a través dun FORMULARIO habilitado na web www.coruna.gal/deportes.

  • LISTAXE PROVISIONAL de solicitantes: Publicarase unha listaxe provisional de solicitantes, no que se poderán revisar os datos persoais, e abrirase un prazo para a corrección de erros. DATA: 15 de setembro.
  • CORRECCIÓN DE ERROS: Abrirase un prazo para a corrección de erros desde a publicación da listaxe provisional de solicitantes. As alegacións presentaranse por correo electrónico á dirección programasdeportivos@coruna.gal. PRAZO: 15 e 16 de setembro.
  • SORTEO: No caso de que existan máis solicitudes que prazas, para establecer a orde de adxudicación de prazas, celebrarase un sorteo público da letra que establecerá o corte para a adxudicación. A ligazón ao sorteo publicarase na páxina web www.coruna.gal/deportes. Para a asignación de prazas terase en conta a letra do primeiro e segundo apelido do alumno/alumna. DATA: 17 de setembro ás 09:00h.
  • LISTAXE DEFINITIVA: publicarase a listaxe de adxudicación de prazas e listaxe de espera se o houbese. DATA: 17 de setembro ás 15:00h.

Contacto:

Servizo Municipal de Deportes

Teléfono: 981 189 800 - Ext. 25048

programasdeportivos@coruna.gal

Máis información:

Máis información en documentos anexos

Documentos:

Natación Escolar 2025/2026. Descrición e normas de participación (1 MB)

Modelo de Formulario de inscrición e carta de pago de taxas (443 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión