Proxecto experimental guiado sobre a disección de flores.
Só da Coruña
Educación, Museos científicos
Complementaria, Outras
Público, Concertado
Alumnado de 3º e 6º de EP de colexios do Concello da Coruña.
A actividade dura 45-50 minutos e pódense realizar en horario de mañá e de tarde.
O centro recibirá unha caixa con material de uso individual polo alumnado (bandexas, tesoiras, pinzas flor...), o que lles permitirá reproducir a experiencia da disección dunha flor a través dunha visita virtual, guiada por persoal dos Museos Científicos.
As caixas irían aos colexios, serían utilizadas e logo volverían ao museo para esterilizar o material e preparalo para o seguinte envío.
Dende o 16/03/2021 ata o 21/06/2021
Xa rematou
Dende o 03/03/2021 ata o 21/06/2021
Para participar é necesario realizar unha solicitude enchendo ou formulario de reserva que se atopa na seguinte dirección /mc2/gl/visitas-escolares .
A solicitude estará aberta mentres existan prazas libres.
As persoas de contacto na Domus son Mónica Cambón ou Marta García
Teléfono: 981 18 98 40
Entrégase ao centro escolar un kit cos materiais necesarios para que cada estudante poida realizar a súa disección de flor de forma individual, seguindo as instrucións do educador da Domus.
Cada kit conta con contido para 30 persoas.
Os kits entréganse desinfectados.
Materiais do kit para cada estudante:
Recurso adicional: entrega de recurso interactivo para a aula (xogo de Kahoot) a utilizar polo docente despois da actividade.
O persoal educativo da Domus guiará a sesión.
O grupo conectarase a través de Google Meet. Enviaráselle previamente a ligazón de conexión.
Servizo de Museos Científicos
Servizo de Educación
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible