Concello da Coruña

Concello da Coruña

Residuos urbanos na Coruña 2025-26

Programa de Educación Ambiental que promove a xestión sustentable dos residuos, fomenta a redución, reutilización e reciclaxe, e dá a coñecer o Plan Municipal, a economía circular e as infraestruturas de tratamento como a Planta de Nostián, os puntos limpos e a recollida selectiva

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI, EP, ESO, BACH, FP e EE dos centros da cidade.

Obxecto:

  • Identificar as claves críticas da xestión sustentable dos residuos: redución, reutilización e reciclaxe.
  • Coñecer o Plan municipal: separación en orixe, recollida selectiva e valorización dos residuos.
  • Diferenciar entre economía lineal e circular.
  • Coñecer a dotación e infraestruturas do Plan de Residuos: Planta de Nostián, Puntos Limpos, colectores, limpeza viaria.

Paralelamente ao aumento do nivel de vida, á prosperidade económica e ao progresivo distanciamento do ámbito ambiental, os hábitos de consumo da maioría da poboación evolucionaron cara á ignorancia da repercusión das súas accións sobre ese ámbito. Isto desencadeou graves problemas ambientais. Un dos maiores retos actuais é atopar unha solución ao tratamento e eliminación dos residuos resultantes do principio de usar "e tirar", imperante hoxe en día.

Reducir o consumo de materias primas, reutilizar manufacturas, pechar os fluxos económicos e ecolóxicos dos recursos limitados e cubrir as necesidades da poboación de maneira sustentable son a base da economía circular. No Plan de Tratamento de Residuos Urbanos da Coruña se aposta por unha separación selectiva en orixe que permite unha mellor integración dos residuos nos procesos de reciclaxe e compostaxe.

Estrutura

Cada módulo responde as necesidades do seu nivel educativo:

Módulo 1: A ra dos tres ollos (4º, 5,º e 6º de EI e 1º e 2º de EP)

  • Charla interactiva (1 hora): O conto da ra dos tres ollos.
  • Taller (1 hora): Taller manipulativo de reciclaxe: A ra dos tres ollos.
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 horas):Visita a un Punto Limpo.

Módulo 2: Sete errrrrrres (3º e 4º de EP)

  • Charla interactiva (1 hora): A vida dunha botella.
  • Taller (1 hora): Xogo de clasificación e reflexión: As errrrrrres da nosa bolsa de lixo.
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 horas): Parque de Bens (antigo vertedoiro) e Punto Limpo dos Rosales.

Módulo 3: En Coruña temos un Plan (5º e 6º de EP)

  • Charla interactiva (1 hora): En Coruña temos un Plan.
  • Taller (1 hora): Xogo interactivo de preguntas e respostas.
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 horas):Visita á planta de Nostián.

Módulo 4: Do lineal ao circular (ESO, BACH e FP)

  • Charla interactiva (1 hora): Do lineal ao circular.
  • Taller (1 hora): Dinámica de análise e reflexión: Hackea un produto.
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 horas): Visita á planta de Nostián.

Módulo 5: A compostaxe comunitaria nos barrios (EE, EP, ESO, BACH e FP)

  • Charla interactiva (1 hora): De volta á terra.
  • Taller (1 hora): Composteros comunitarios nos barrios.
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 horas): Visita a compostero comunitario.

Cando:

Dende o 04/11/2025 ata o 19/07/2026

Inscricións:

Dende o 16/09/2025 ata o 16/10/2025

Ficha de solicitude

Contacto:

Servizo Municipal de Medio Ambiente

Tel.: 981 184 315

educacionambiental@coruna.gal

Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.

Tel.: 981 903 834

Máis información:

Os programas e as actividades asociadas poderían sufrir modificacións para o curso 2025-2026

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión