Concello da Coruña

Concello da Coruña

Todo público: teatro para centros escolares 2026-27 (primavera)

O IMCE ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar de FORMA SEGURA.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

IMCE

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de (segundo Educación Infantil ciclo, a partir de 4 anos), Educación Primaria, ESO e Bacharelato.

Horario:

Os espectáculos de E. Infantil e E. Primaria serán ás 10.00 e ás 12.00 h.

Os espectáculos de ESO e Bacharelato serán ás 11.30 h.

Tipo de actividade:

Complementaria

Prezo / Custo:

Prezo da entrada: 2,00 € por alumna/ou para o alumnado de todos os niveis; e gratuíta para o profesorado acompañante.

    Obxecto:

    Achegarlle as artes escénicas ao público infantil e xuvenil, en horario escolar.

    CONDICIÓNS DE INSCRICIÓN

    • Agradecemos que cada grupo se inscriba nunha única obra de teatro durante o curso para que todos os centros teñan opción a inscribirse nalgunha das funcións.
    • Prezo da entrada: 2,00 € por alumna/ou para o alumnado de todos os niveis e gratuíta para o profesorado acompañante.
    • Cada grupo deberá estar acompañado, polo menos, por unha persoa responsable do centro.
    • A programación de educación infantil está pensada para escolares a partir de 4 anos.
    • A capacidade máxima será de 300 espectadores/as (incluído o profesorado) no Forum e de 325 no Ágora; ou o que estipule a lexislación sanitaria vixente en cada momento.
    • En función das características do espectáculo e do nivel dos/as escolares, pódese producir unha redución da capacidade da sala.

    ADXUDICACIÓN

    • As prazas adxudicaranse AUTOMATICAMENTE POR RIGOROSA ORDE DE PETICIÓN. Posteriormente, serán confirmadas por correo electrónico, con aviso dos prazos para o aboamento de entradas.
    • Os centros escolares que se apunten aos espectáculos mediante a prereserva na páxina de Coruña Educa deberán aboar o seu custo no prazo establecido na páxina de Coruña Educa. Ademais comunicaráselles por correo electrónico. De non facerse efectiva a reserva en firme mediante o pago do importe correspondente ás entradas do alumnado asistente ao espectáculo no prazo establecido, perderán o dereito a asistencia e correrá a listaxe de agarda.
    • Se houber máis demanda de prazas que oferta, abriríase unha listaxe de agarda para cada función, co obxecto de cubrir posibles baixas de grupos ou centros

    IMPORTANTE: a aplicación informática de inscrición emite un informe da súa inscrición. COMPROBE SE TEN AS PRAZAS ADXUDICADAS OU SE ESTÁN NA LISTAXE DE AGARDA.

    RETIRADA E ABOAMENTO DAS ENTRADAS

    1. As entradas deben ser retiradas e aboadas no prazo que consta no calendario que aparece a continuación.
    2. No caso de que non se faga o pago no prazo estipulado, adxudicaránselle as entradas a outro centro escolar que estea na listaxe de agarda.
    3. As entradas recolleranse no Forum Metropolitano, con cita previa (chamando ao teléfono 981 184 297). O pago poderá realizarse en efectivo ou con tarxeta.
    4. No momento de aboar as entradas, poderase reducir o número de reservas ou aumentalas se quedan prazas vacantes.
    5. Permitiranse un máximo dun 10% de devolucións (sobre a reserva feita polo centro nun primeiro momento), a condición de que non excedan de 10 entradas por función e centro. O importe devolverase ao termo da función, no Forum. No caso de que fosen aboadas con tarxeta de crédito haberá que presentala.
    6. A factura enviaráselle ao centro escolar unha vez realizada a función.

    PAUTAS QUE HAI QUE SEGUIR NO FORUM PARA QUE O ESPECTÁCULO SEXA UN ÉXITO

    1. Vimos todos/as a divertirnos e a gozar do teatro, sen esquecer respectar sempre o traballo das persoas que están no escenario e na sala. Debemos seguir as instrucións do persoal de sala en todo momento e actuar con responsabilidade.
    2. A hora destacada na entrada é a hora de inicio da función.
    3. Agradécese puntualidade. É aconsellable chegar ao Fórum con 10 ou 15 minutos de antelación.
    4. Agradécese que a entrada e saída do edificio se faga en orde e no maior silencio posible, para evitarlle molestias ás persoas usuarias e traballadoras do Forum.
    5. Todas as persoas que asistan ao espectáculo accederán ao auditorio portando cada unha a súa entrada.
    6. Unha vez que comece o espectáculo, non se permitirá o acceso ao auditorio.
    7. Por seguridade, hai que deixar libres os corredores e as portas de emerxencia do auditorio.
    8. Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función. Se queren unha foto de grupo, poderán sacala ao termo da función, previo aviso á xefa de sala.
    9. Non está permitido comer nin beber no auditorio.

    PROGRAMACIÓN

    Lugar: todos os espectáculos serán no Forum Metropolitano, excepto o espectáculo "Alta Costura", que será no Ágora.

    AVANCE PROGRAMACIÓN PRIMAVERA 2027:

    Teatro para Educación Infantil (a partir de 4 anos) e Educación Primaria

    Espectáculo

    Compañía

    Nivel educativo

    Datas

    Horario

    Duración

    Data tope de aboamento

    LA ISLA DEL TESORO

    Inhabitans (Cataluña)

    3º-4º-5º-6º curso

    19 febreiro 2027

    10.00 e 12.00 h

    60 min

    19 febreiro 2027

    TACHÁN

    Inventi Teatro (Galicia)

    Infantil a partir de 4 anos / 1º-2º curso

    12 marzo 2026

    10.00 e 12.00 h

    50 min

    26 febreiro 2027

    SCROOGE Y LOS FANTASMAS

    Khea Ziater (Pais Vasco)

    1º-2º-3º-4º-5º-6º curso

    2 abril 2026

    10.00 e 12.00 h

    60 min

    18 marzo 2027

    FALA FALA FALANGUEIRA

    Matrioshka Teatro

    (Galicia)

    2º-3º-4º-5º-6º curso

    13 maio 2026

    10.00 e 12.00 h

    50 min

    27 abril 2027

    MOKO

    Teatro Gorakada

    (País Vasco)

    2º-3º-4º-5º-6º curso

    27 maio 2027

    10.00 e 12.00 h

    55 min

    12 maio 2027

    Teatro para Educación Secundaria e Bacharelato

    Espectáculo

    Compañía

    Nivel educativo

    Datas

    Horario

    Duración

    Data tope de aboamento

    ALTA COSTURA (Centro Ágora)

    Elefante Elegante (Galicia)

    ESO - Bach

    12 marzo 2027

    11.30 h

    70 min

    26 febreiro 2027

    CARTOGRAFÍA DUN NAUFRAXIO

    Mariña Lestón (Galicia)

    ESO - Bach

    14 maio 2027

    11.30 h

    50 min

    27 abril 2027

    Cando:

    Dende o 19/02/2027 ata o 27/05/2027

    Programación de PRIMAVERA de 2027: do 19 de febreiro ao 27 de maio (datas pendentes de confirmación).

    Inscricións:

    Dende o 11/01/2027

    Para a tempada de PRIMAVERA 2026, a reserva de entradas activarase o luns 11 de xaneiro de 2027 ás 09.00 h para centros do municipio e o mércores 13 de xaneiro de 2027 para centros de fóra do municipio.

    Para acceder á ficha poderán utilizar a clave de acceso que se lles adxudicou ou solicitala no "Servidor Central", no teléfono 981 902 327 ou en educoruna@balidea.com .

    Contacto:

    COORDINACIÓN DO PROGRAMA "Todo público: Teatro para centros escolares"

    María Dores Pardo Pallas

    Correo electrónico: forummetropolitano@coruna.gal

    Teléfono: 981 184 297

    Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

    Sede: Casa Paredes. Avda. da Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes) 15001 A Coruña

    Tel. 981 184 233

    imce@coruna.gal

    ESCENARIO-AUDITORIO DO FÓRUM METROPOLITANO

    R/ Río de Monelos, 1 (15006)

    Correo electrónico: forummetropolitano@coruna.gal

    Teléfono: 981 184 293

    Organiza:

    IMCE (Instituto Municipal Coruña Espectáculos) e Servizo Municipal de Educación

    Enderezo:

    Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

    Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión