Concello da Coruña

Concello da Coruña

Visitas escolares aos Museos Científicos Coruñeses 2026-27

Visitas á Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae para grupos escolares que realicen reserva previa.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Museos científicos

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de todos os niveis educativos.

Horario:

Días lectivos de luns a venres.

Anual

Condicións do programa

  • Concertar a visita con polo menos 24 horas de antelación.
  • Asistir un educador/a por cada 25 alumnos/as.
  • Mostrar en recepción do museo a carta de confirmación coas condicións da reserva.

Observacións

  • As instalacións da Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae contan con servizos e ascensores para persoas con discapacidade.
  • Ademais de visitar as salas de exposición, tamén é posible reservar outras actividades como a asistencia a proxeccións (planetario e cinema) e a realización de obradoiros experimentais.
  • Os centros educativos localizados no concello coruñés teñen entrada gratuíta.

Suxestións

Aconséllase que o profesorado que acompañe o alumnado asista a unha das reunións de preparación da visita que se realizan nos centros.

Rógase respectar os horarios concertados para a boa organización da visita.

Cando:

Dende o 15/09/2026 ata o 18/06/2027

Inscricións:

Dende o 01/09/2026 ata o 17/06/2027

Inscrición centros

Mediante a folla de solicitude de reserva, que se pode descargar en: /mc2/gl/visitas-escolares

Os centros escolares que desexen visitar as salas de exposición da Casa das Ciencias, a Domus ou o Aquarium Finisterrae, asistir a unha sesión de Planetario ou de cinema en Domus, ou a unha das actividades e tallleres que se ofertan para grupos escolares deberán cubrir e enviar a folla de reserva por correo electrónico a reservas@casaciencias.org.

A reserva soamente quedará formalizada cando se comunique ao centro a confirmación do número exacto de prazas reservadas, a data ou datas de visita e o programa detallado.

Contacto:

Reserva de visitas escolares

Correo electrónico: reservas@casaciencias.org

Tel. reservas: 981 189 848

Máis información:

Documentos:

Museos Científicos Coruñeses: oferta educativa 2026/27 (galego) (4 MB)

Museos Científicos Coruñeses: oferta educativa 2026/27 (castelán) (4 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión