Programa educativo concibido como un intercambio de representacións entre os grupos de teatro escolar do Concello da Coruña. Cada grupo crea ou selecciona e ensaia unha obra de teatro, para representala noutro centro educativo e recibe ao grupo de teatro do devandito centro.
Só da Coruña
Educación
Complementaria
Público, Concertado, Privado
Grupos de teatro escolar dos centros educativos do Concello da Coruña de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato.
Os grupos participantes distribuiranse en 3 categorías: infantil, primaria e secundaria.
O SME poderá variar a composición das 3 categorías, en función do número de grupos inscritos de cada nivel educativo co obxecto de equilibrar o número de grupos que compitan en cada categoría.
Escolar e extraescolar
Anual
Gratuíto
Ten como finalidade potenciar, promover e difundir a actividade teatral feita por escolares entre o alumnado, mediente representacións teatrais en diferentes escenarios, e fomentar a convivencia entre os grupos teatrais escolares.
Obxectivos específicos:
Condicións do programa
1. Os centros poderán inscribir o seguinte número de grupos distribuídos por etapas educativas:
2. Cada grupo representará a súa obra no seu centro e noutro centro da mesma etapa educativa e recibirá ao grupo de teatro dese centro, de maneira que será grupo anfitrión e grupo visitante.
3. As obras de teatro poderán ser representadas en horario escolar ou extraescolar
4. As representacións teatrais da Mostra axustaranse, como mínimo e máximo, á seguinte duración:
5. Deberes dos grupos participantes:
Gala final Mostra de Teatro Escolar 2026
O programa finalizará coa representación das obras gañadoras e a entrega de premios o venres 12 de xuño , ás 17:00 horas, no Forum Metropolitano.
Todas as representacións serán valoradas por un xurado composto por persoas relacionadas co mundo do teatro.
O xurado elixirá a mellor representación en cada unha das categorías (infantil, primaria e secundaria) e poderá propoñer mencións especiais.
Os criterios de valoración terán en conta: a dramatización da obra, a orixinalidade ou a adaptación do texto, a escenografía, o vestiario, a calidade, corrección e fluidez lingüística, e a coordinación do grupo.
PREMIOS:
Cada grupo gañador recibirá un cheque por valor de 100€.
As posibles mencións non terán premio económico.
Dende o 08/01/2026 ata o 12/06/2026
O INTERCAMBIO DE REPRESENTACIÓNS da Mostra realizarase do 16 de marzo ao 15 de maio de 2026, en as datas e horarios que acorden os centros participantes.
A GALA FINAL realizarase o venres 12 de xuño de 2026, ás 17:00 horas, no Fórum Metropolitano.
Dende o 16/09/2025 ata o 15/12/2025
Os centros e ANPAS interesados en participar deben de inscribirse na Ficha de solicitude (ata o día 15 de decembro).
Posteriormente, do 8 de xaneiro ás 10:00h., ao 27 de febreiro de 2026 ás 14:00 h., os centros e ANPAS teñen que volver entrar na solicitude para confirmar a súa participción.
A selección dos grupos participantes realizarase por rigorosa orde de entrada da solicitude por centro, de tal maneira que, se se superan as previsións dun máximo de 30 grupos, a prioridade establecerase por centros, é dicir, se un centro presenta varios grupos a prioridade será a participación do maior número de centros posibles fronte ao maior número de grupos por centro.
COORDINA: VitaEvents
Tel: 681 01 72 99 (Andrea Rodríguez)
andrea.rodriguez@vitaevents.es
Servizo Municipal de Educación
Tel.: 981 184 200 ext. 10179
AXUDA ECONÓMICA
Cada grupo dos centros públicos e concertados recibirá unha axuda económica para afrontar os gastos de material funxible xerados pola propia actividade da montaxe das obras de teatro, por un custo máximo de 300 € por grupo.
Exclúense os centros privados non concertados da posibilidade de percibir desta axuda económica.
Considerarase "material funxible": material de oficina e papelería, fotocopias, materiais de carpintería, material informático, alugueiro de aparellos de megafonía, teas, disfraces, alimentos e bebidas para recibir o grupo visitante etc.
Os gastos deberanse xustificar debidamente coas facturas correspondentes.
TRANSPORTE
O concello poñerá ao dispor dos grupos un servizo de transporte gratuíto dos grupos participantes para os desprazamentos a outros centros e aos grupos premiados á gala final.
A escenografía non poderá exceder de 2,15 m de longo para facilitar o transporte no autobús. No caso de que sexa maior, o seu transporte será responsabilidade do grupo participante.
Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña
Novas relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible