Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O 14 de marzo conmemórase o Día Mundial das Matemáticas, unha xornada para poñer en alza as ensinanzas e coñecementos matemáticos, así como tamén a figura de todos aqueles que traballan neste campo. A finalidade desta conmemoración é alcanzar unha maior conciencia sobre a importancia desta ciencia no día a día. Ademais, do reforzo do ensino das matemáticas como parte fundamental da educación, para facer fronte a incógnitas que se expoñen noutros campos de estudo como a intelixencia artificial, o cambio climático, a enerxía e o desenvolvemento sostible.
Queres saber algunhas curiosidades sobre esta Día?
Coñécese este día como o Día de Pi, en conmemoración ao número Pi, cuxo valor é igual a 3,14, pois é unha das constantes matemáticas máis coñecidas.
A maioría dos matemáticos máis relevantes da historia dedicábanse a outras disciplinas como a filosofía, a astronomía e a física, como Pitágoras, René Descartes e María Gaetana Agnesi, entre outros.
A persoa considerada máis importante na historia das matemáticas é unha muller: Emmy Noether, coñecida polas súas contribucións de fundamental importancia nos campos da física teórica e a álxebra abstracta, revolucionou a teoría de aneis, a teoría de corpos e a de K-álxebras.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible