Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campacoles Nadal 2022

Cando:

12 de decembro de 2022

Do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro en varios centros educativos do Concello da Coruña

O obxectivo da actividade Campacoles 2022-23 é achegar os nenos e nenas ás diferentes celebracións de Nadal noutros lugares do mundo, aprendendo mentres gozan doutros costumes e tradicións. Descubrirán que, a pesar das diferenzas, a maxia e a ilusión está presente en todas as culturas.

Ademais da temática principal da multicultura e diversidade, terá unha presenza importante a educación en valores que, aínda que se traballa durante todo o ano, nestas datas ten unha maior relevancia.

O máximo de prazas dispoñibles será de 45 persoas participantes en cada centro, distribuídas en tres grupos de idade e o mínimo será de 15 escolares dos seguintes centros:

  • Juan Fdez. Latorre
  • María Barbeito
  • San Fco. Javier
  • San Pedro de Visma

Para os servizos de madrugadores e comedor, serán necesarias un mínimo de 10 persoas participantes.

Inscrición

As inscricións poderán realizarse ata o mércores 14 a través desta ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones

Programa ao que pertence

  • Campacoles 2022-23

    A Federación Provincial de ANPA en convenio co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais, leva a cabo o programa de actividades Campacole, baixo o formato de campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.

    Estes campamentos levaranse a cabo en diversos CEIP da Coruña.

    Máis información

Documentos relacionados

  • díptico campacoles nadal 2022-2023 (835 KB)
  • proposta campacoles nadal 2022-2023 (227 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión