5 de xuño de 2020
O concello decide suspendelos ao non poder garantir as medidas de seguridade e de hixiene e que se desenvolvan nos termos das convocatorias anteriores
O concello cancela os programas educativos internacionais Bolsas USA 2020-21 , Bolsas Europa FP. Proxecto Acoreuropa IX e Idiomas do mundo 2020-21 pola incerteza xerada polo desenvolvemento da pandemia e ao non lles poder garantir ás familias e beneficiarias/os que se poidan cumprir as medidas de seguridade e de hixiene. Ante esta situación, o Goberno local decide non seguir adiante coas convocatorias por non poder asegurar que se leven a cabo os programas nos mesmos termos doutros anos. Así que deixa sen efecto a resolución en que se aprobaron as bases reguladoras das Bolsas USA, dirixidas a estudantes de 4.º da ESO, en que se lles ofrecía a opción de adquiriren un dominio avanzado da lingua inglesa coa realización dun curso equivalente a 1.º de Bacharelato nos Estados Unidos.
Do mesmo xeito, anúlase "Idiomas do mundo 2020" que posibilitaba a estadía do estudantado de 4.º da ESO e 1.º de Bacharelato en Francia, Irlanda, Portugal e Alemaña ou Austria durante catro semanas do verán, co fin de melloraren a competencia nalgunha das linguas europeas máis faladas no mundo. Por mor da crise sanitaria internacional, tampouco se poderá desenvolver o programa Acore, en que se ofertaban cinco prazas para que tituladas/os superiores en formación profesional nos ciclos formativos de Hostalería e Turismo, Comercio e Márketing, e Administración e Xestión realizasen prácticas en empresas de Austria, Italia e Reino Unido.
SUMMER TALK CORUÑA
A Concellería de Educación, en colaboración coa Federación de APAS da Coruña, porá en marcha en xullo o programa Summer Talk, con actividades de dinamización dirixidas ao alumnado da ESO para a mellora da expresión e comprensión oral da lingua inglesa.
Programa ao que pertence
A realización deste programa suspéndese para a edición 2020-2021 debido á situación de alerta sanitaria xerada pola COVID-19.
Programa no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4.º da ESO residente na cidade da Coruña de cursar o Grao 11 en EE. UU. -equivalente a 1.º de Bacharelato.
Máis informaciónPrograma inscrito no programa Erasmus + da Unión Europea, polo que se organizan e posibilitan prácticas de formación, de tres meses de duración en empresas de diversos países europeos para recentemente titulados de FP Superior nos centros adscritos ao programa.
Máis informaciónA realización deste programa suspéndese para a edición 2020-2021 debido á situación de alerta sanitaria xerada pola COVID-19.
O programa educativo "Idiomas do Mundo"ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, de realizar unha actividade de inmersión lingüística no verán de 2019, en inglés, portugués, francés ou alemán, co obxectivo de mellorar a competencia nalgunha das linguas europeas máis faladas no mundo e poder acreditar de modo oficial o nivel alcanzado consonante o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible