25 de xaneiro de 2022
A programación dos espectáculos desenvolverase entre os meses de febreiro e abril
O IMCE ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar, no Fórum Metropolitano, de forma segura ante a COVID-19.
Espectáculo |
Compañía |
Nivel |
Datas |
Horario |
Duración |
EL LIBRO DEL BUEN AMOR |
Teatro Guirigay (C. de Estremadura) |
3º de ESO, bacharelato e FP |
04/02/2022 |
11.30 h |
60 min |
FEIRANTES |
Teatro do Noroeste (Galicia) |
ESO |
04/03/2022 |
12.00 h |
50 min |
AS FILLAS BRAVAS E O MITO DE CASANDRA |
Chévere (Galicia) |
2.º ciclo ESO, Bto. e FP |
11/03/2022 |
11.30 h |
75 min + coloquio * |
LÁZARO |
Leamok (C. Valenciana) |
2.º ciclo ESO, Bto. e FP |
08/04/2022 |
11.30 h |
60 min |
AS ALUMNAS |
Culturactiva (Galicia) |
2.º ciclo ESO, Bto. e FP |
22/04/2022 |
11.30 h |
70 min |
FANTASMAS FAMILIARES |
Quico Cadaval (Galicia) |
2.º ciclo ESO e FP |
28/04/2022 |
11.30 h |
60 min |
HISTORIAS DE ARREPÍOS |
Paula Carballeira (Galicia) |
1.º ciclo ESO e FP |
29/04/2022 |
11.30 h |
50 min |
* O coloquio será conducido por Pablo Meira, profesor da USC de Educación Ambiental e Cultura da Sostibilidade.
Inscrición para os centros
Ficha de solicitude específica "Despacho de billetes do teatro do IMCE: Todo Público" https://edu.coruna.gal/coruna_educa_centros/main/login.php
No caso de que esquecese o seu contrasinal e necesite recuperalo ou darse de alta, pode solicitalo a través da opción "Esquecín o meu contrasinal", ou polo correo electrónico a gestionim@edu.coruna.es desde a conta de correo oficial do seu centro escolar ou chamando a persoa responsable do centro ao teléfono 981 902 327.
MEDIDAS DE PREVENCIÓN DO CORONAVIRUS COVID -19 NO AUDITORIO DO FÓRUM
Fronte á pandemia do coronavirus e co fin de garantir que o programa de teatro escolar se desenvolva en condicións óptimas de seguridade, sen que perda a súa esencia e calidade, temos implantadas todas as medidas hixiénico-sanitarias previstas na lexislación vixente. As medidas que foron adaptadas expresamente para o programa escolar son:
Aclaración de dúbidas en forum@coruna.es e no teléfono 981 184 297, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 h.
Programa ao que pertence
O IMCE ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar no Fórum Metropolitano, de forma segura ante a COVID-19.
No presente curso 2021/2022 e debido á incerteza xerada pola evolución da pandemia do coronavirus, ademais da programación que se presenta ata decembro de 2021, realízase unha nova proposta para a primavera de 2022.
Os espectáculos dirixidos a educación infantil e educación primaria ofértanse ao público familiar o sábado seguinte ás 18.00 h; e os dirixidos a educación secundaria terán unha sesión para público xuvenil e adulto o mesmo venres ás 20.30 h, excepto "Feirantes", "Pantasmas familiares" e "Historias de arrepíos".
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible