Concello da Coruña

Concello da Coruña

En marcha unha nova edición do programa Itinerarios

Cando:

8 de abril de 2025

Máis de 1.500 alumnos e alumnas dun total de 18 centros públicos da cidade realizarán unha serie de percorridos para coñecer a historia da cidade e algúns dos seus edificios máis emblemáticos.

O pasado 17 de marzo arrincou unha nova edición do programa Itinerarios 2024-25 . Dirixido a alumnado desde 3.º a 6.º de EP, ESO e de bacharelato dos CEIP e IES da cidade, o programa consiste nunha serie de percorridos por diversas zonas da cidade para coñecer a súa historia e algúns dos edificios emblemáticos, mediante actividades de observación.

A edición deste ano, que se desenvolverá ata o próximo 3 de xuño, contará coa participación dun total de 1.754 alumnos e alumnas de 18 centros, distribuídos á súa vez en 83 grupos.

Os itinerarios que se desenvolveron durante o mes de marzo foron os de "Prazas con poder" e "A cidade de María Pita".

"Prazas con poder"

Tendo en conta que as prazas sempre ocuparon un lugar e unha función moi importante como lugares de reunión ou de mercado e como espazos de conversa e convivencia ao aire libre, a proposta é relacionar diferentes épocas históricas a través das prazas públicas que consitituían o punto central na vida diaria dos habitantes da cidade; percorrendo e observando espazos como a praza de María Pita, a praza da Colexiata de Santa María, a praza das Bárbaras, a praza de Santo Domingo, a praza de Azcárraga ou a praza da Constitución, onde coñeceremos algo máis da historia da cidade e se búuca aprender a valorar e conservar o patrimonio histórico-artístico da cidade. Os centros que realizaron o itinerario "Prazas con poder" no mes de marzo foron o CEIP Manuel Murguía, o CEIP Ramón de la Sagra e o CEIP Sagrada Familia.

"A cidade de María Pita"

O itinerario "A cidade de María Pita" propón dar a coñecer e situar nun marco histórico e espacial a figura de María Pita e a súa participación no asedio da cidade desde 1589, valorando o papel dos homes e as mulleres na defensa da liberdade. O obxectivo é desenvolver a curiosidade pola historia e os feitos que ocorreron na nosa cidade, recoñecendo a importancia dos espazos expositivos como lugares de aprendizaxe. Tamén se transmite a importancia de valorar e conservar o patrimonio histórico-artístico. O alumnado de 3.º e 4.º de E.P. dos CEIP Jose Cornide Saavedra, Emilia Pardo Bazán, Torre de Hércules e do CEE María Mariño realizaron este percorrido durante o mes de marzo.

Programa ao que pertence

  • Itinerarios 2024-25

    Percorridos por diversas zonas da cidade para coñecer a súa historia e algúns dos edificios emblemáticos, mediante actividades de observación.

    Máis información
  • Itinerarios (03/04 - 04/04)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión