06/06/2025
A XXXIV edición da Mostra de Teatro Escolar finalizará coa representación das obras gañadoras e a entrega de premios o venres 6 de xuño, ás 17.00 horas, no Fórum Metropolitano.
A "Mostra de Teatro Escolar", programa educativo que busca potenciar, promover e difundir a actividade teatral feita por escolares entre o alumnado dos centros educativos do concello, pon fin á súa XXXIV edición cunha gala final que se realizará o venres 6 de xuño, ás 17.00 horas, no Fórum Metropolitano.
Nesta gala representaranse as obras dos grupos gañadores de cada categoría, nunha celebración da creatividade, o talento e o traballo colaborativo do alumnado coruñés.
O xurado, composto polos actores e directores teatrais, Ramiro Neira e José Leis, e pola técnica de Educación, Ana Judel, elixirá a mellor representación en cada unha das categorías (infantil, primaria e secundaria) e poderá propoñer mencións especiais.
Os criterios de valoración terán en conta: a dramatización da obra, a orixinalidade ou a adaptación do texto, a escenografía e iluminación, o vestiario e maquillaxe, e a corrección e fluidez lingüística.
Cada grupo gañador recibirá un cheque por valor de 100 €. As posibles mencións non terán premio económico.
Programa ao que pertence
Programa educativo concibido como un intercambio de representacións entre os grupos de teatro escolar do Concello da Coruña. Cada grupo crea ou selecciona e ensaia unha obra de teatro, para representala noutro centro educativo e recibe o grupo de teatro do devandito centro.
Máis informaciónEventos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible