Concello da Coruña

Concello da Coruña

Guía Ti elixes!

Cando:

14 de abril de 2023

Xa está publicada a edición 2023 da Guía Ti Elixes!

A guía ten como obxectivo brindarlle apoio ás Xornadas e ofrecer información e asesoramento aos estudantes de educación secundaria sobre as distintas opcións de estudos universitarios, formación profesional e outros tipos de estudos dispoñibles.

Con motivo da realización das XXIX Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional organizadas pola Concellaría de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, publícase a edición 2023 da Guía Ti Elixes!, que ten como finalidade servir de apoio ao obxectivo destas Xornadas e informar e asesorar ao alumnado de educación secundaria sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos.

A recompilación da información realizouna o  CMIX Centro Municipal de Información Xuvenil pon á túa disposición unha asesoría educativo-profesional onde se pode obter información e asesoramento neste campo, e consultar as dúbidas e cuestións de interese para a comunidade educativa, como poden ser a oferta de estudos, bolsas, estadías universitarias, prácticas profesionais etc.

Aquí podes ver o resumo das dúas semanas de XOUP.

XOUP - semana 1

XOUP - semana 2

Programa ao que pertence

  • Xornadas de orientación universitaria e profesional (XOUP 2023)

    As Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional (XOUP 2023) están organizadas pola Universidade da Coruña e o Servizo Municipal de Educación e teñen como obxectivo informar o alumnado dos estudos universitarios que se ofertan nas tres universidades públicas de Galicia (UDC, USC e UVIGO), os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.

    Máis información

Documentos relacionados

  • Guía Ti elixes! (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión