Concello da Coruña

Concello da Coruña

IDM 2023: Publicadas as listaxes definitivas de solicitudes seleccionadas, en agarda e excluídas para Irlanda

Cando:

5 de xullo de 2023

Ábrese un período de cinco días hábiles, ata o mércores 12 de xullo, incluído, para a aceptación ou renuncia das prazas

Publicadas as listaxes definitivas de solicitudes seleccionadas, de agarda e excluídas para o destino de Irlanda do programa Idiomas do Mundo, ábrese un período de cinco días hábiles, ata o mércores 12 de xullo, incluído, para a aceptación ou renuncia das prazas. Deberá xestionarse a través dos rexistros municipais ou calquera outro rexistro oficial.

As estadías en Francia suspendéronse definitivamente ao non dispoñer dunha empresa encargada da xestión do programa.

Estadía do 24 de xullo ao 21 de agosto

A estadía en Irlanda será do 24 de xullo ao 21 de agosto, na localidade de Malahide, próxima a Dublín.

Nas listaxes inclúese xa a porcentaxe e contía a aboar por cada participante.

Reunión informativa, o xoves 6 de xullo

Convócase a todas as persoas incluídas nas listaxes de seleccionadas e de agarda a unha reunión informativa o vindeiro xoves, 6 de xullo, ás 18.00 horas, no centro cívico dos Mallos, na que se darán os detalles do programa.

Contacto

Para máis información, pode contactarse a través do correo electrónico educacion@coruna.es ou do teléfono 981 18 42 00, extensión 12114.

Programa ao que pertence

  • Idiomas do mundo 2023

    O programa educativo "Idiomas do Mundo"ofrece a oportunidade ao alumnado que cursou 1º de Bacharelato no curso 2022-23, de realizar unha actividade de inmersión lingüística no verán de 2023, co obxectivo de mellorar a competencia nalgunha das linguas europeas máis faladas no mundo e poder acreditar de modo oficial o nivel alcanzado consonante o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).

    Máis información

Documentos relacionados

  • IDM 2023: Irlanda, listas definitivas (188 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión