Concello da Coruña

Concello da Coruña

Idiomas do mundo 2023

O programa educativo "Idiomas do Mundo"ofrece a oportunidade ao alumnado que cursou 1º de Bacharelato no curso 2022-23, de realizar unha actividade de inmersión lingüística no verán de 2023, co obxectivo de mellorar a competencia nalgunha das linguas europeas máis faladas no mundo e poder acreditar de modo oficial o nivel alcanzado consonante o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado empadroado na Coruña que curse 1º de BACH. no curso 2022-23.

Anual

Obxecto:

O programa promove que o alumnado participe nunha acción intercultural aumentando a conciencia e comprensión doutras culturas e países e a educación das persoas participantes respecto á diversidade e á igualdade, ao mesmo tempo que lles permita avanzar no seu desenvolvemento persoal.

As condicións máis detalladas do programa recóllense nas bases publicadas nesta web.

O programa de inmersión lingüística realizarase durante o mes de xullo preferentemente. O alumnado recibirá clases do idioma do pais de destino e gozará de actividades culturais e de lecer durante a súa estancia no pais.

Os destinos son: Portugal, Francia e Irlanda, fixándose un mínimo de dez prazas para cada país.

Cando:

Dende o 01/07/2023 ata o 31/07/2023

O programa realizarase durante 4 semanas do mes de xullo de 2023. No caso de houber imprevistos que impidan realizalo nesas datas, poderíase trasladar ao mes de agosto de 2023.

Xa rematou

Inscricións:

As datas de inscricións son do 25 de xaneiro ao 7 de febreiro, ambos os días incluídos.

Inscrición alumnado

A inscrición realizarase a través da ficha específica "Idiomas do mundo 2023".

As persoas interesadas deberán inscribirse en liña na web municipal www.coruna.gal/educacion a través da ficha específica "Idiomas do mundo 2023". Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante no que se lle concede un número de asignación (IDE) que será o de referencia de cada expediente no proceso.

A documentación do expediente e o xustificante da inscrición en liña deberá presentarse nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo.

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

T: 981 184 200 ext 12114

educacion@coruna.es

Documentos:

Bases BOP IDM22 (742 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión