Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..
8 de outubro de 2018
A exposición "O éxodo Rohingya" estará no vestíbulo do Fórum Metropolitano do 26 de novembro ao 1 de decembro.
A través dunha exposición composta por paneis informativos, fotografías e lentes de realidade virtual a persoa visitante poderá viaxar a Bangladesh e poñerse na pel destas persoas que tiveron que fuxir de Myanmar e que viven en campos superpoboados no país veciño.
Médicos sen Fronteiras pretende con esta campaña que a sociedade galega coñeza cal é a situación desta minoría en Bangladesh. Persoal de Médicos sen Fronteiras realizará visitas guiadas á mostra e profundará nos seus contidos.
A exposición está dirixida a alumnos de 3º e 4º de ESO, Bacharelato e ciclos formativos.
A visita
A actividade, gratuíta e dunha hora de duración, está pensada para grupos de entre 25 e 20 alumnos. Realizarase de luns a venres, preferiblemente en horario de mañá (10.00 a 14.00 horas), ou de tarde (de 16.00 a 20.00 horas).
Inscricións
Os centros interesados en participar nesta visita guiada deberán inscribirse enviando un correo electrónico a msf-santiago@barcelona.msf.org coas seguintes indicacións:
O prazo de inscrición finaliza o 21 de novembro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible