Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

O Concello de A Coruña oferta 73 novas prazas vacantes na Rede de Escolas Infantís Municipais

Cuándo:

28 de septiembre de 2023

O prazo de solicitude será desde o 2 ata o 10 de outubro, ambas datas incluídas

O Concello de A Coruña abre unha nova convocatoria para solicitar praza nas escolas con prazas vacantes. O total de 73 prazas que oferta distribúese da seguinte maneira, segundo escola e ano de nacemento das cativas e cativos:

Aulas

(ano de nacemento)

A Caracola Agra do Orzán Arela Carricanta Los Rosales Luis Seoane Monte Alto Os Cativos

Aulas 0-1

(2023)

0 0 0 0 8 1 0 9

Aulas 1-2

(2022)

0 0 0 0 1 0 0 0

Aulas 2-3

(2021)

0 7 11 3 19 0 2 17

Prazo de solicitude e adxudicación das prazas

O prazo de solicitude será desde o 2 ata o 10 de outubro, ambas datas incluídas.

A documentación e a ficha de solicitude asinada polos dous proxenitores deberá presentarse, preferiblemente, no rexistro electrónico do Concello (https://sede.coruna.gob.es), nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo.

A adxudicación das mesmas está sometida aos criterios de baremación sinalados nas Bases reguladoras do proceso de admisión nas escolas infantís integradas na REIM para o curso 2022-2023 .

Publicación das listaxes definitivas e matrícula

As listas definitivas faranse públicas o 24 de outubro e a matrícula deberá formularse entre o 26 e 27 de outubro, previa cita fixada pola escola correspondente.

A EIM Monte Alto trasládase á EIM Luis Seoane

De forma temporal, a escola infantil municipal Monte Alto traslada as súas aulas á escola infantil municipal Luis Seoane, na rúa Vigía s/n.

Documentos relacionados

  • Prazas vacantes REIM: convocatoria de outubro (80 KB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión