Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Concello promove a celebración do centenario do nacemento de María Casares

Cando:

23 de febreiro de 2022

Neste contexto lanza uns cadernos didácticos, ferramenta básica para profesorado e persoal educador na difusión e posta en valor da figura da actriz galega exiliada María Casares

As actividades, orientadas ao alumnado de Educación Primaria e Secundaria, non pretenden ser unha proposta didáctica pechada, pois considérase que, para a súa maior eficacia, deben ser adaptadas aos intereses e coñecementos do alumnado e do profesorado, así como á súa diversidade, mediante a selección, modificación e profundización naquelas cuestións que os e as docentes xulguen oportunas.

Máis información: 2022 Ano Internacional de María Casares

Programa ao que pertence

  • Cadernos didácticos María Casares

    "Eu nacín aquí. Meus pais naceran aquí e mais meu avó paterno e a miña avoa paterna, e tamén a miña avoa materna e mais lonxe na miña ascendencia os meus antepasados e a súa proxenie". Así se expresaba María Casares nas súas memorias "Residente Privilexiada" referíndose á súa cidade, A Coruña. Neste ano de 2022 o Concello promove a celebración do centenario do nacemento de María Casares (A Coruña 1922 - Alloue 1996).

    Máis información

Documentos relacionados

  • Caderno didáctico María Casares. Primaria (7 MB)
  • Caderno didáctico María Casares. Secundaria (7 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión