Concello da Coruña

Concello da Coruña

O prazo de inscrición para participar nas Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional (XOUP) abre o luns 2 de marzo

Cando:

19 de febreiro de 2020

Os centros educativos da Coruña poderán facelo do 2 ao 18 de marzo e os de fóra da cidade, do 12 ao 18 de marzo

Entre o 23 de marzo e o 3 de abril realizarase unha nova edición das Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional (XOUP), que ofrecen a oportunidade de coñecer os ciclos formativos e estudos superiores de deseño que se imparten na cidade, así como os estudos universitarios da comunidade autónoma galega.

Para participar nelas, os centros débense inscribir en liña a través da ficha específica "Coruña orienta: XOUP 2019-20". Os centros da Coruña poderán facelo do 2 ao 18 de marzo, e os de fóra da cidade, do 12 ao 18 de marzo, ás 14:00 horas en ambos os casos.

Credenciais de acceso

Unha vez realizada a solicitude, a aplicación elabora un pdf coas credenciais que o centro debe imprimir e entregarlle ao alumnado.

O alumnado ten que presentar a credencial correspondente para acceder ás visitas aos centros de FP e ás mesas universitarias. A organización pode solicitar que a persoa asistente acredite a súa identidade cun documento oficial.

Máis información: XXVIII Xornadas de orientación universitaria e profesional (XOUP 2020-2021)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión