Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Os Museos Científicos Coruñeses habilitan o sistema de reservas para as visitas dos centros educativos no curso escolar 2023-24

Cuándo:

18 de septiembre de 2023

As alumnas e alumnos poderán gozar dun novo itinerario sobre biodiversidade na sala Maremagnum do Aquarium Finisterrae, así como dos obradoiros do Laboratorio Aberto e a sala Maker da Domus

Co gallo do inicio do curso escolar 2023-24, a rede municipal dos Museos Científicos Coruñeses habilitou o sistema de reservas de visitas de grupos educativos para gozar do amplo programa de actividades divulgativas da Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae.

Na Casa das Ciencias a principal novidade é o sistema de proxección do planetario, que está en pleno proceso de renovación e que permitirá, a partir de outubro, gozar dunha experiencia con maior resolución e imaxes máis reais para trasladar o público a outros planetas, viaxar pola Vía Láctea e o resto do universo a través dos diversos programas que se ofrecen. Ademais, nas plantas de exposición disporanse novos módulos interactivos como a 'Frauta de pan', ideado para que as persoas usuarias experimenten sons percusivos orixinados no fondo sonoro da propia sala, ou o que convida a construír con pezas un arco que se sostén por si mesmo.

Por outra banda, a Domus acollerá o ámbito expositivo Próbate!, que convida a reflexionar sobre a vestimenta como forma libre de expresión. Tamén se incorpora á súa carteleira de cinema 'Expedición Arrecife', unha viaxe ao redor do mundo oculto dos arrecifes de coral. A oferta complétase coa ampla proposta de obradoiros do Laboratorio Aberto e a sala Maker.

Ademais, o Aquarium Finisterrae presenta dúas interesantes novidades. A primeira delas é un itinerario sobre biodiversidade que, a través de varios módulos da sala Maremagnum, introduce con exemplos concretos algúns dos conceptos fundamentais relacionados con esta cuestión. A segunda é unha visita temática guiada á sala Nautilus para centros educativos que programen nos seus clubs de lectura a obra '20.000 leguas de viaxe submarina', de Jules Verne.

Ademais, desde o Aquarium Finisterrae lánzase unha chamada aos centros educativos que queiran colaborar coa futura renovación da sala Maremagnum, enviando preguntas do alumnado relacionadas coa crise ambiental que vivimos, especialmente no que afecta ao medio mariño. O profesorado que aborde estes temas na aula e envíe as preguntas do seu alumnado levará como obsequio un póster didáctico do Aquarium.

Cómpre lembrar que, ao abeiro das iniciativas promovidas polo Goberno de Inés Rey a través da Área municipal de Fomento e Promoción da Cidade, os centros educativos da Coruña teñen entrada gratuíta aos Museos Científicos.

A información completa, o procedemento para solicitar as visitas, así como o formulario de solicitude correspondente, están dispoñibles na web das  Visitas escolares .

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión