26/06/2026
Realizarase un ensaio o luns 22 de xuño, ás 16:30 horas.
Palacio Municipal de María Pita. Praza de María Pita 1. 15001 A Coruña
As conselleiras e conselleiros do CLIAC presentarán o traballo realizado durante o curso ante a alcaldesa.
O Consello Local da Infancia da Coruña (CLIAC) pon a culminación a todo o traballo realizado durante o curso a través da celebración, o vindeiro venres 26 de xuño ás 12:00 horas, da súa sesión plenaria.
O Salón de plenos do Palacio Municipal de María Pita recibirá ás conselleiras e conselleiros, que presentarán as súas propostas ante a alcaldesa.
O luns 22 de xuño, ás 16:30 horas, terá lugar un ensaio previo.
Programa ao que pertence
O Concello da Coruña, a través do Servizo de Educación, promove o Consello Local da Infancia da Coruña, CLIAC, cuxo obxectivo é constituír un grupo estable de traballo con nenos e nenas da cidade que traslade a voz de infancia ás políticas públicas do concello.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible